Xestión responsable da cadea de provedores a través da colaboración

Descrición

Amfori é a asociación de comercio global e sostible líder a nivel mundial e ofrece aos seus membros un servizo integral para a xestión responsable da súa cadea de subministración, desde un enfoque social, ambiental e de negocio, desde a perspectiva da importación e exportación.

Entre as prioridades estratéxicas deste ano están o comercio aberto e sostible; o traballo na materia de contratación responsable e en áreas clave coma o traballo forzoso, o tráfico humano e o empoderamento das mulleres, e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, ofrecendo servizos e ferramentas que lles permitan ás empresas mellorar os aspectos sociais e ambientais nas súas cadeas de subministración.

Un dos principios da asociación é a colaboración. Neste sentido, asinou acordos con diferentes organismos en sectores coma o xoguete, téxtil, químicos... e tamén con gobernos (Marrocos, China, Tailandia...). En España, firmou un acordo de colaboración con Forética para a promoción da RSE na cadea de provedores.

Impacto

As cifras da entidade son: 2.000 membros en todo o mundo, con presenza en 40 países. Un total de 14 redes nacionais, con máis de 60.000 produtores que firmaron un código de conduta e máis de 12.000 cursos completados a través da súa oferta formativa.

Empresa: Amfori
Sector: Comercio sostible
Tamaño: 75 empregados
Web: www.amfori.org