Eleko é unha empresa distribuidora de material eléctrico, de telecomunicacións, automatización, instalacións fotovoltaicas, pneumática industrial e robótica, especializada en asesorar e ofrecer solucións técnicas, que cunha visión estratéxica a longo prazo comprométese á contribución e mellora do Desenvolvemento Sostible.
En 2020 Eleko asinou o convenio de colaboración coa Fundación Seur para que as Delegacións de Eleko fosen punto de recollida de tapóns.
Tapóns para unha nova vida®, un proxecto co que xa se conseguiu axudar a máis de 188 nenos e nenas a través da reciclaxe dos tapóns de plástico. Esta iniciativa permitiu á Fundación Seur, entregar máis de 1.320.000 € para axudar a financiar tratamentos médicos e ortopédicos que non están cubertos pola seguridade social, ou se cubra só en parte. Grazas a este proxecto e á axuda de todos, xa se reciclaron 7.515 toneladas de tapóns de plástico, evitando a emisión de 9.417 toneladas de CO2, principal gas causante do cambio climático.
O proxecto “Tapóns para unha nova vida”® comezou en outubro de 2011 e desde o seu inicio creceu con enorme éxito, garantindo a consecución da súa dobre vertente:
- Nova vida para nenos ata 18 anos que necesitan un tratamento, intervención cirúrxica, aparello ortopédico, etc. non regulado na sanidade pública.
- Nova vida para un plástico, o dos tapóns, que é reciclado, e que de non ser así irían parar indiscriminadamente ás entulleiras.
Os obxectivos son:
- Axudar a nenos sen recursos a acceder a un tratamento médico non regulado no sistema sanitario co fin de mellorar a súa calidade de vida mediante a reciclaxe de tapóns de plástico.
- Facilitar a nenos sen recursos os aparellos ortopédicos que non se facilitan por outros medios mediante a reciclaxe de tapóns de plástico.
- Animar e sensibilizar a empresas, organismos, e ás persoas en xeral, a colaborar mediante a súa actuación para realizar unha fácil, pero importante acción social.
- Convidar á sociedade para reciclar e a coidar do medio ambiente realizando o simple xesto de gardar tapóns de plástico en lugar de tiralos ao lixo.
- Promover en toda a sociedade a acción social unida á acción ambiental.
En fundacionseur.org/tapones/#tapones-para-la-vida pódese consultar toda a información do proxecto e mesmo unirse.
Os obxectivos de Eleko son:
- Crear vinculación do persoal da empresa e a súa familia coa organización
- Concienciar sobre a necesaria segregación de residuos
- Dar un servizo ao persoal xa concienciado
- Dar difusión a unha iniciativa que consideramos de interese
- Colaborar cun dos nosos provedores de servizos
Empresa: Eleko Tecnoloxía e Innovación S.L.
Sector de actividade: Distribución de material eléctrico e electrónico para a industria
Tamaño: 81 empregados
Páxina web: https://eleko.es/