A Cooperativa de Transporte Ribatrans é unha empresa que posúe arredor dunha vintena de camións que se dedican ao transporte de mercancías por estrada. Neste momento están a elaborar a súa memoria de sustentabilidade destacando no seu sector en establecer medidas de responsabilidade social empresarial.
A primeira medida establecida foi a clasificación de todos os seus vehículos co distintivo ambiental da Dirección Xeral de Tráfico, creado dentro do Plan Nacional de Calidade do Aire. A través deste distintivo, a empresa será capaz de discriminar positivamente aqueles vehículos que sexan máis respectuosos co planeta. A súa colocación é voluntaria, e a través da mesma, a cooperativa demostra o seu compromiso co medio ambiente.
Empresa: Ribatrans Sociedade Cooperativa Galega
Sector: Transporte