Campaña de sensibilización contra a intrusión na xardinería

Descrición

Agaexar lanza unha campaña contra a intrusión no sector da xardinería en abril de 2017. Co apoio da Consellería de Economía, Economía e Industria, realizou uns trípticos explicativos dos problemas que se poden atopar os clientes particulares ao contratar a intrusos para o coidado do xardín. A asociación distribúe estes folletos entre as empresas asociadas, co fin de que estas os entreguen xunto cos orzamentos e, así, persuadir aos potenciais clientes sobre o risco de contratar traballos a ilegais. Esta idea apela á responsabilidade dos consumidores.

A campaña non só advirte dos riscos que supón para os clientes, senón que trata de sensibilizalos e comprometelos recordándolles que as empresas legalmente constituídas pagan impostos que reverten na sociedade así como invisten na formación do persoal para mellorar a súa cualificación.

Impacto

Fomento do consumo responsable da sociedade, coa correspondente diminución do intrusismo no sector.

Empresa: Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería)
Sector: Xardinería
Web: http://agaexar.com/