Participación en programas de recollida de tapóns

Aplicaciones de Bombeo Industrial (ABIN) é unha peme galega constituída no ano 1994. Froito do seu compromiso coa sostibilidade nun amplo aspecto e, polo tanto, conscientes dos impactos das súas decisións e actividades no ámbito social, económico-laboral e ambiental, durante o desempeño dos seus procesos esfórzanse en ter un comportamento ético e transparente.

A fin de garantir que o seu comportamento cumpra fielmente as directrices necesarias para ser unha empresa socialmente responsable, estableceron canles de comunicación e xerado alianzas para contribuír ao desenvolvemento e benestar da sociedade mediante o apoio a programas que fomenten actuacións e valores positivos para a comunidade.

Neste sentido, formalizaron acordo coa Fundación SEUR para achegar o seu grao de area no seu proxecto estrela Tapóns para unha nova vida. Tapóns para unha nova vida é un proxecto de reciclaxe de tapóns destinado, entre outros, a facilitar a nenos sen medios un tratamento médico non regulado no sistema sanitario ou materiais que lles permitan paliar os problemas físicos que padecen. Este proxecto ten diferentes obxectivos: axudar a nenos sen recursos a acceder a tratamentos médicos; facilitar a nenos sen recursos aparellos ortopédicos e, tamén, concienciar a toda a sociedade sobre a facilidade de realizar unha acción solidaria efectuando o simple xesto de gardar tapóns de plástico en lugar de levalos ao lixo.

Á vez, participando neste proxecto están a colaborar co medio ambiente posto que fomentan a reutilización de pezas de plástico, recolléndoas de forma segregada para que sexan tratadas nunha planta de reciclaxe e se fabriquen con elas, posteriormente, novos produtos como, por exemplo, caixas de froita, mobiliario urbano, etc.

Desta forma, cumpren cun dobre obxectivo: colaborar co medio ambiente e contribuír a que a vida de moitos nenos con graves problemas sexa un pouco máis levadía.

Impacto

Tapóns para unha nova vida é un proxecto de reciclaxe de tapóns destinado, entre outros, a facilitar a nenos sen medios un tratamento médico non regulado no sistema sanitario ou materiais que lles permitan paliar os problemas físicos que padecen.

 

Empresa: Aplicaciones de Bombeo Industrial, S.L.

Tamaño: 6 empregados

Sector de actividade: Comercio de maquinaria para a minería, a construción e a enxeñería civil

Páxina web: www.abin.es