A empresa de elaborados cárnicos Torre de Núñez puxo en marcha dúas instalacións de autoconsumo fotovoltaico que axudarán a cubrir as súas necesidades enerxéticas das plantas de fabricación en Conturiz e O Corgo.
Este proxecto é un dos primeiros do sector cárnico galego en empregar o autoconsumo fotovoltaico industrial no proceso de elaboración de xamóns para reducir a pegada de carbono e impulsar o desenvolvemento sustentable, evitando a emisión do equivalente a un total de 83 toneladas equivalentes de CO2 a atmosfera cada ano.
Ademais, esta iniciativa é todo un exemplo da busca de sinerxias entre empresas locais, xa que para a creación desta instalación contaron coa participación de Norvento, compañía de enerxías renovables. Desta forma, crearon valor de forma sustentable para a comunidade e para competir nun mercado global incorporando a sustentabilidade como elemento diferenciador.