Selo Empresa Responsabilízate

A marca das pemes e microempresas sostibles de Galicia

A Xunta de Galicia outorga un novo recoñecemento ás empresas que completen con éxito todas as fases do programa Responsabilízate. Esta iniciativa, pon en valor o impulso que as microempresas e pemes galegas están a dar á implantación dos valores Ambientais, Sociais e de Goberno corporativo (ASG).

Este selo distingue ás empresas como axentes creadores de valor compartido e sitúaas como primeiras en avanzar cara un novo concepto de peme e microempresa sostible, responsable, comprometida cos valores ASG e adiantada ás tendencias normativas. Actualmente, 200 empresas xa contan con este recoñecemento oficial e exclusivo.

Para poder optar á concesión do Selo Empresa Responsabilízate por primeira vez, será necesario cumprir cos seguintes requisitos:

  • Ser admitido como beneficiario do programa Responsabilízate.
  • Estar rexistrado no portal Xunta-Pro RSE e completar polo menos o cuestionario de autodiagnóstico.
  • Colaborar coa fase de diagnóstico do programa, achegando información relevante para a análise do estado actual da sostibilidade na empresa.
  • Completar a totalidade dos módulos formativos do curso en liña “Fundamentos ASG para empresas” e participar en 5 horas de asesoramento personalizado co/a técnico ASG.
  • Contar cun plan de acción en materia de sustentabilidade en proceso de implantación á finalización do programa.
  • A dirección da empresa deberá asinar o seu compromiso con:
    • O desenvolvemento sostible, os Dereitos Humanos e a Axenda 2030.
    • A execución do plan de acción acordado á finalización do programa Responsabilízate, así como o seu seguimento e mellora continua.
    • A integración continuada da sostibilidade na estratexia e procesos da organización.
    • O impulso do diálogo e o coñecemento das expectativas dos grupos de interese.
    • O fomento da transparencia e a comunicación.

A obtención do selo terá unha duración de dous anos

  •  Consulta a lista de empresas admitidas na terceira edición do programa aquí 
  • Empresas Responsabilízate