O IES Universidade Laboral de Ourense foi o sétimo centro educativo en participar na nova edición de Xeración Responsable. No segundo taller celebrado nas súas aulas contouse coa participación de María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais.
Durante esta sesión, o alumnado tivo a posibilidade de desenvolver o seu propio coñecemento sobre a responsabilidade social e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Con debates e actividades prácticas, aprenderon a importancia de afrontar, desde un punto de vista responsable, os retos da sociedade actual e as dificultades e problemas que poden xurdir no día a día das empresas.
Mediante estes talleres búscase apoiar e integrar ás novas xeracións na Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sustentable, tendo en conta que as mozas e mozos de hoxe serán as traballadoras e traballadores do futuro. Así, trátanse contidos que resultan fundamentais para acadar un tecido empresarial competitivo a través dun compromiso coa RSE.