O Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou nun dos talleres de Xeración Responsable celebrado no IES Politécnico de Vigo, que teñen o obxectivo de amosar á mocidade galega que é e que significa ser responsable facendo un especial fincapé nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Durante a xornada, xerouse debate entre os estudantes, espertando a súa curiosidade en temas como a innovación ou a igualdade, entre outros. Neste momento, estas cuestións son transversais nos seus estudos, pero seranlles de utilidade no futuro, cando desenvolvan a súa carreira profesional.
A iniciativa está enmarcada na campaña europea Enterprise 2020, da que a Xunta de Galicia é un dos socios institucionais. Con ela, búscase aproveitar o potencial da RSE e os ODS para convertelos en conceptos comprensibles para as xeracións máis novas e trasladalos de forma directa aos centros educativos.
Xeración Responsable continúa hoxe a súa actividade no IES Universidade Laboral de Ourense.