Xa podes participar na nova convocatoria dos Premios Tranfronteirizos GEMCAT

Xa podes participar na nova convocatoria dos Premios Tranfronteirizos GEMCAT

Imprimir Email
(0 votos)

Se es unha empresa do espazo transfronteirizo ou con actividade transfronteiriza, xa podes participar na terceira convocatoria dos Premios GEMCAT. O prazo para o envío de candidaturas estará aberto ata o domingo, 1 de decembro de 2019.

Categorías

Ao igual que nas edicións anteriores, as empresas que estean interesadas en participar poderán facelo nas seguintes categorías:

  • Recoñecemento en materia de conciliación laboral e persoal: dirixida a premiar aquelas medidas que propicien a conciliación laboral e persoal, fomentando un axeitado uso do tempo e facilitando a organización do persoal para mellorar a organización empresarial. 
  • Recoñecemento en materia de igualdade de oportunidades: premiaranse aquelas medidas que contribúan á consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos relacionados coa actividade da empresa.

Procedemento de participación

Para o envío de candidaturas, as empresas deberán cumprimentar o formulario dispoñible en liña, ou de forma opcional, presentar a solicitude en papel en calquera das entidades socias do proxecto GEMCAT. Ademais, deberase remitir a documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras ao seguinte enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Valoración e entrega de premios

Nesta ocasión, a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia será a entidade encargada de coordinar a revisión das candidaturas recibidas. Unha vez valoradas, celebrarase no mes de decembro un acto de entrega de premios en Santiago de Compostela. 

Atoparás máis información sobre estes galardóns na web do Proxecto GEMCAT.