• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Ambiental

Cero papeleiras

imprimirCorreo electrónico

Fomento Profesional é unha empresa que ten como obxecto a difusión da cultura a todos os niveis da sociedade, facilitando as ferramentas axeitadas para que as persoas poidan desempeñar un posto de trabalo digno e estable e mellorar a súa situación profesional e laboral.

Co obxectivo de reducir o seu impacto ambiental a través da concienciación do persoal de oficina e dos clientes desenvolveron o seu proxecto «Cero papeleiras», a través da que se eliminaron todas as papeleiras das oficinas da empresa e foron substituídas por pequenos contedores nunha zona específica de cada delegación, para así fomentar a reciclaxe. Con isto desexaban reducir o número de impresións e reciclar todo o papel e cartón posible, así como impulsar a reutilización de papel e o uso de vasos fabricados cun material reutilizable. 

No marco deste proxecto, todas as empresas do grupo firmaron un convenio con Ecoembes para a implantación e a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros e papel e cartón e así converterse en centros de traballo sustentables. A partir disto, promoveron o bo uso destes contedores e implicaron ás empresas de limpeza colaboradoras para que xestionaran os residuos segundo este compromiso. 

Para a difusión deste proxecto, distribuíuse información, indicando aos traballadores e traballadoras as accións que debían levar a cabo na súa zona de traballo. E de forma complementaria, durante dous anos, o regalo de Nadal da empresa estivo relacionado coa redución do consumo de plástico: unha cunca personalizada e, ao ano seguinte, unha botella de vidro.

 

 

Empresa: Fomento Profesional

Sector: Editorial

Tamaño: 150 empregados

Web: www.fomentoprofesional.com

 

Oficina libre de papel

imprimirCorreo electrónico

A empresa de formación en tecnoloxía Hack a BOS aposta por un modelo de xestión socialmente responsable e de mellora continua. Este obxectivo forma parte da súa cultura e estratexia de negocio, orientadas á responsabilidade social baixo os eixos de ética empresarial, igualdade de oportunidades e servizo á comunidade.

O seu compromiso social céntrase principalmente en achegar a formación tecnolóxica aos colectivos sociais máis vulnerables, así como promover iniciativas de participación activa e creativa que contribúan ao desenvolvemento, transformación e fortalecemento da sociedade en xeral. 

Con todo, amosaron tamén un forte compromiso co medio ambiente a través dunha iniciativa responsable: unha oficina libre de papel. Esta permitiu, entre outros aspectos, a mellora da eficiencia da xestión documental, a redución de custos, o aforro do espazo e unha mellor protección da información confidencial de clientes, persoal e provedores. Ademais, tamén ofreceron formación específica para o seu persoal e promoveron o emprego de ferramentas colaborativas dixitais.  

 

Empresa: Hack a BOS

Sector: Tecnolóxico

Tamaño: 11 empregados

Web: hack-a-bos.com

 

Xestión responsable de residuos electrónicos

imprimirCorreo electrónico

A empresa de servizo integral de xestión de residuos Revertia colaborou con Boot Camp, un dos maiores eventos deportivos e de ocio do norte de España e Portugal, para promover unha recollida responsable de residuos electrónicos. 

Unha destas campañas consistiu na habilitación dun punto de entrega destes residuos nunha zona da carreira de obstáculos celebrada na praia de Samil (Vigo) no mes de outubro de 2019. Como compensación a todos aqueles que colaborasen coa recollida, sorteouse un ordenador portátil reacondicionado por esta empresa. 

Esta colaboración compleméntase cunha segunda campaña de recollida de pequenos aparellos electrónicos en ximnasios desta cidade, dun mes de duración. 

 

Empresa: Revertia

Sector: Informático

Web: www.revertia.com

Clasificación de vehículos segundo a súa eficiencia enerxética

imprimirCorreo electrónico

A Cooperativa de Transporte Ribatrans é unha empresa que posúe arredor dunha vintena de camións que se dedican ao transporte de mercancías por estrada. Neste momento están a elaborar a súa memoria de sustentabilidade destacando no seu sector en establecer medidas de responsabilidade social empresarial. 

A primeira medida establecida foi a clasificación de todos os seus vehículos co distintivo ambiental da Dirección Xeral de Tráfico, creado dentro do Plan Nacional de Calidade do Aire. A través deste distintivo, a empresa será capaz de discriminar positivamente aqueles vehículos que sexan máis respectuosos co planeta. A súa colocación é voluntaria, e a través da mesma, a cooperativa demostra o seu compromiso co medio ambiente. 

 

Empresa: Ribatrans Sociedade Cooperativa Galega

Sector: Transporte

Web: http://ribatransscg.com/

 

 

Guía de Boas Prácticas Medioambientais

imprimirCorreo electrónico

Co obxectivo de sensibilizar a toda a comunidade atlética e aportar información útil sobre a conservación da contorna desde o deporte, o Club de Atletismo Coruña Comarca publicou a súa Guía de Boas Prácticas Medioambientais, dispoñible nesta ligazón

A través desta publicación, pretendían integrar de formar progresiva estas boas prácticas na súa rutina diaria e transmitir ás xeración futuras a importancia do coidado e o respecto do medio ambiente.

Coa elaboración desta guía, de carácter totalmente altruísta, convertéronse no primeiro club de atletismo que publica un documento destas características, posto que anteriormente si existían publicacións similares realizadas por federacións de montaña e escalada, pero ningunha deste deporte en particular. 

Impacto

O impacto buscado era a redución do impacto ambiental do atletismo e o uso do deporte como elemento de sensibilización. A través da difusión do documento estanse a formar alianzas con outros clubs deportivos para unir esforzos e avanzar cara o movemento do #greenatletismo. 

 

Empresa: Club de Atletismo Coruña Comarca

Sector: Deportes

Tamaño: 200

Web: corunacomarca.blogspot.com

 

Tropaverde

imprimirCorreo electrónico

Co obxectivo de fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, a empresa tecnolóxica Teimas desenvolve dende o ano 2015 a súa iniciativa Tropaverde, coa que contribúe á redución dos residuos e á optimización da súa xestión para crear cidades máis sustentables. 

Tropaverde é unha plataforma de gamificación que premia as boas prácticas dos cidadáns, os cales poden rexistrarse na mesma e obter puntos cada vez que leven os seus residuos aos lugares habilitados para a súa xestión, como puntos limpos ou centros socioculturais. Estes puntos poden ser posteriormente trocados por premios e descontos que outorgan os establecementos colaboradores, como comercios e locais de hostalería. 

Ademais, a través de Tropaverde, lévanse a cabo campañas de educación ambiental, que impulsan a reciclaxe e a economía circular. Algúns exemplos son "Reciclar na escola ten premio", desenvolvida nos centros educativos de Santiago de Compostela, ou "Longa vida aos teus aparellos electrónicos", creada para mellorar os índices de recollida nesta categoría de residuos. 

Impacto

Tropaverde conseguiu a implicación de máis de 5.000 usuarios na reciclaxe e o aproveitamento dos residuos, así como de empresas locais e rexionais pertencentes á economía circular e outras pequenas empresas e comerciantes. Nas súas campañas escolares participaron máis de 4.000 alumnos e alumnas dos centros galegos. Na actualidade, atópase en oito concellos de Galicia e, no ano 2019, implantarase en cinco cidades europeas da man do proxecto URBACT.

 

Empresa: Teimas Desenvolvemento

Tamaño: 18 empregados

Sector: Sector residuos

Web: https://teimas.com/

 

 

Guía de Boas Prácticas Paisaxísticas na Terra Chá

imprimirCorreo electrónico

Agroamb Prodalt naceu como iniciativa de emprego local co obxectivo de dar resposta á valorización dos residuos orgánicos coa elaboración de fertilizantes agrícolas e forestais. Participante na primeira edición de Responsabilízate, conforma hoxe un grupo de catro empresas de capital integramente galego con orixe familiar e nacidas no rural.

Esta empresa firmou un acordo de colaboración coa Fundación Juana de Vega e a súa Escola da Paisaxe, cuxo resultado é a Guía de Boas Prácticas Paisaxísticas na Terra Chá. Trátase dun estudo de mellora e potenciación dos valores paisaxísticos nun contexto agrícola, con poboación dispersa en pequenos núcleos. Con esta publicación preténdese aproximar a Terra Chá á poboación, descubrir o seu valor e expresar unha serie de recomendacións que axuden ao desenvolvemento sustentable do medio rural e á súa mellora paisaxística, contribuíndo á revitalización patrimonial e socioeconómica da contorna.

Impacto

Redución do impacto ambiental, sensibilización e divulgación do patrimonio natural. 

Ademais, esta iniciativa leva asociados dous principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas: o Principio 7 (As empresas deberán manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente) e o Principio 8 (As empresas deben fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental).

Tamén ten relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. En concreto o ODS 11, Cidades e Comunidades Sustentables, o ODS 15, Vida de Ecosistemas Terrestres; e o ODS 17, Alianzas para lograr os obxectivos.

 

Empresa: Agroamb Prodalt

Tamaño: 38 empregados

Sector: Agricultura e fabricación de fertilizantes órgano-minerais.

Web: http://agroamb.com/ 

 

Vehículos eléctricos e híbridos contra o cambio climático

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Viaqua, como empresa comprometida no ámbito da innovación, o desenvolvemento sostible e a mellora do medio ambiente, incorporou a súa frota 9 vehículos híbridos e 9 vehículos eléctricos. Con esta medida contribúe a reducir as emisións de CO2 á atmosfera e a loitar contra o cambio climático, apostando por unha mobilidade sustentable e respectuosa co medio ambiente.

A proposta enmárcase no compromiso de Viaqua de reducir a súa pegada ambiental e, en concreto, a pegada de carbono. A enerxía consumida nas plantas de tratamento xestionadas por Viaqua xa ten Certificado de Orixe Renovable, é dicir, a súa pegada de carbono é cero. Agora a empresa dá un paso máis reducindo a pegada de carbono da súa frota.

Impacto

Coa incorporación destes vehículos á súa frota conséguese a redución de 23,6 toneladas de CO2 ao ano.

Empresa: Viaqua
Sector: Xestión da auga
Tamaño: 543 empregados
Web: www.viaqua.gal

Camino Clean

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Viaxar é a mellor das experiencias, pero se o facemos sen ter en conta algúns sinxelos consellos, tamén pode danar o ecosistema ou o noso patrimonio. "Camino Clean" de Tee Travel nace para concienciar sobre esta realidade e sensibilizar acerca da necesidade de coidar o noso patrimonio natural e cultural. Os obxectivos que persegue a empresa son reciclar, concienciar sobre o coidado da natureza e apelar ás responsabilidades e ás capacidades que cada cal poda ter na limpeza e mantemento do Camiño.

O 18 de novembro 2017 realizouse unha acción ecofriendly, seguindo o decálogo do selo Camino Clean. Un total de 10 quilómetros de Melide a Ribadiso recollendo plásticos e lixo para aprender a gozar do Camiño, poñendo todos o seu gran de area. Ao movemento "Camino Clean" pode unirse calquera colectivo ou persoa a título individual comprometida co medio ambiente.  

Impacto

A conservación e protección dun itinerario Patrimonio da Humanidade son fundamentais para non perder a esencia que marabilla ano tras ano a milleiros de peregrinos procedentes dos cinco continentes.

Empresa: Tee Travel
Tamaño: 30 empregados
Sector: Axencia de viaxes
Web: www.tee-travel.com

Mecenado de proxectos ambientais

imprimirCorreo electrónico

Descrición

En Galicia atópanse importantes ecosistemas e hábitats cun valor económico incomparable. No ámbito científico especializado desenvólvense día a día interesantes proxectos sobre o noso contorno natural máis próximo. Estes estudos buscan pautas para protexer este valor único e incomparable, así como propoñer medidas preventivas e correctoras do impacto que xeran as nosas actividades diarias. Moitas empresas responsables coa contorna social e ambiental da que extraen o seu valor, promoven, colaboran e patrocinan este tipo de proxectos ambientais, aspecto que repercute de forma positiva notable na súa reputación.

Impacto

Incremento do valor da marca da empresa, mellora da percepción social, compensación do impacto ambiental da actividade empresarial ou industrial desenvolvida, creación indirecta de postos de traballo...

Obxectivos

  • Mellorar a reputación da empresa no contorno social.
  • Contribuír á protección do medio natural de Galicia.
  • Manter o investimento na I+D galega, incluíndo a promoción de postos de traballo na investigación e a ciencia.

Empresa: Emberiza
Sector: Medioambiental
Tamaño: 2 empregados
Web: www.emberizamedioambiente.es

Reciclaxe

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Traballamos as manualidades, fomentamos a reciclaxe e concienciamos da vida útil das cousas. A maioría das nosas actividades de manualidades fanse con material de reciclaxe, tales como as botellas de vidro, cartóns de leite, caixas de luvas, botes de cristal, etc. Desta maneira, dámoslle unha segunda utilidade a aqueles obxectos cotiáns que están presentes no noso día a día. O resultado das manualidades son bolsas de agasallo, caixas de panos, botes para a cociña con tarros de cristal, portacandeas con vasos de iogures baleiros...

Impacto

Unha menor cantidade de lixo, redución do impacto medioambiental e a concienciación de que as cousas teñen unha segunda oportunidade.

Empresa: Centro de Día Anduriña S.L.
Sector: Centro de día para maiores
Tamaño: 10 empregados
Web: www.andurinacd.es