• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Ambiental

Redución do uso de plásticos nos envases

imprimirCorreo electrónico

A empresa cárnica Torre de Núñez continúa traballando por un desenvolvemento sustentable, sendo conscientes de que o plástico é un problema global que concirne a toda a sociedade, incluídas as empresas. Por iso, decidiron reducir o tamaño da súa barqueta de xamón curado en lascas, conseguindo así que cada envase leve un 20% menos de plástico.

Esta decisión nace do compromiso da empresa polo medio ambiente, pero tamén pola súa aposta por crear valor económico e concienciación social, posto que levan anos centrando a súa actividade na saúde dos consumidores, a loita contra o desperdicio alimentario e o respecto ao planeta.

Autoconsumo fotovoltaico

imprimirCorreo electrónico

A empresa de elaborados cárnicos Torre de Núñez puxo en marcha dúas instalacións de autoconsumo fotovoltaico que axudarán a cubrir as súas necesidades enerxéticas das plantas de fabricación en Conturiz e O Corgo.

Este proxecto é un dos primeiros do sector cárnico galego en empregar o autoconsumo fotovoltaico industrial no proceso de elaboración de xamóns para reducir a pegada de carbono e impulsar o desenvolvemento sustentable, evitando a emisión do equivalente a un total de 83 toneladas equivalentes de CO2 a atmosfera cada ano.

Ademais, esta iniciativa é todo un exemplo da busca de sinerxias entre empresas locais, xa que para a creación desta instalación contaron coa participación de Norvento, compañía de enerxías renovables. Desta forma, crearon valor de forma sustentable para a comunidade e para competir nun mercado global incorporando a sustentabilidade como elemento diferenciador.

Herdanza Mater

imprimirCorreo electrónico

Herdanza Mater é o programa de responsabilidade social corporativa de Amicos, unha iniciativa aberta á participación activa de todas as empresas e organizacións que desexen sumarse para contribuír á mellora social, económica e ambiental da súa contorna de forma voluntaria.

Baixo o lema de “Coidar do noso, coidando dos nosos”, o seu obxectivo principal é o coidado do medio ambiente, aínda que con esta acción buscan tamén apoiar ás mulleres con discapacidades e ás mulleres rurais para conseguir a súa inclusión laboral, logrando así unha sociedade sustentable onde todas as persoas teñan a oportunidade de desenvolver o seu potencial.

Mediante esta iniciativa, dende Amicos actúan en prol da conservación da natureza en espazos protexidos coa súa Ecobrigada, formada por persoas con discapacidade intelectual, cualificadas e formadas para a execución das actividades.

O que buscan mediante Herdanza Mater é que estas persoas con discapacidade intelectual sexan o motor de cambio medioambiental, realizando actividades como limpeza de residuos mariños, reforestacións forestais para a compensación da pegada de carbono (como a que realizaron en Leiro – Rianxo) ou actuacións relacionadas coa xardinería, como a erradicación de plantas invasoras na Illa de Sálvora. En actuacións coma estas, ademais, hai outros actores sociais implicados como Properdis SL, Servinserta EIL, Grupo Puentes ou Vegalsa Eroski, así como o propio Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Xornadas #MiCostaSinPlásticos

imprimirCorreo electrónico

Ao igual que o ano pasado coas iniciativas relacionadas coa protección da fauna marítima das Rías Baixas, Termavi mantén durante o 2021 o seu compromiso co medio ambiente mediante unha serie de accións que teñen como finalidade a limpeza das costas galegas de todo o lixo que se atopa nas praias. E xunto con outras actividades de protección a animais mariños, todo este conxunto de obxectivos deu como resultado un convenio entre a empresa o Bottlenose Dolphin Research Institute (BRDI) de O Grove.

Para levar a cabo esta iniciativa, crearon as xornadas #MiCostaSinPlásticos, das cales a primeira tivo lugar a finais de maio e se desenvolveu na zona costeira que vai dende a praia de Rons e Punto Cantodorxo ata A Virxe das Mareas en O Grove.

Un total de 21 persoas de diferentes países (Francia, Inglaterra, Alemaña e España) formaron varios grupos para respectar as distancias de seguridade e medidas sanitarias actuais debido ao coronavirus e recolleron máis de 5800 pezas de plástico de diversa orixe, entre as que se atopan máis de 50 máscaras sanitarias, decenas de latas de refrescos ou nasas abandonadas, coas que encheron dous contedores de lixo.

Proxecto piloto de implantación das Normas UNE de minaría sostible

imprimirCorreo electrónico

A Cámara Oficial Mineira de Galicia e Pedra Ingeniería SL chegaron a un acordo para implantar nunha empresa do sector mineiro as Normas UNE de Xestión Mineira Sustentable nunha experiencia piloto que serviría para extrapolar no futuro ao resto de empresas asociadas.

Caolines de Vimianzo SA (CAVISA) foi a compañía que amosou un maior interese en implantar ditas normas, así que foi a seleccionada. Esta empresa leva décadas extraendo minerais industriais de diferentes xacementos situados na Costa da Morte e xa tiña implantada dende o ano 2000 a Norma ISO 9001. Ademais, neste proceso decidiron implantar a Norma ISO 14001, polo as tres normas quedaron integradas.

O que perseguían coa participación nesta experiencia era poñer en valor todo o esforzo que realizan en beneficio da contorna na que se atopan e establecer un marco de traballo para poder seguir desenvolvendo a súa actividade sendo cada vez máis sustentables.

Desenvolvemento da idea

O proceso de implantación comezou coa formación en sistemas de xestión mineira sustentable das persoas que ocupan os postos de dirección e mandos intermedios. A partir de entón, realizouse unha primeira visita para o recoñecemento das instalacións para identificar os procesos que se levan a cabo nesta explotación mineira. Posteriormente, estableceuse unha política específica de compromiso coa sociedade, que inclúe o fomento do sentido da RSE en todo o persoal de CAVISA. A implicación do equipo humano foi fundamental, xa que traballaron con entusiasmo de cara ao logro das súas metas e obxectivos.

Trala pertinente análise dos requisitos legais e os indicadores prioritarios, estipuláronse os obxectivos de cara o vindeiro ano: minimizar os residuos mineiros inertes que se verten á entulleira, meta que xa se atopa parcialmente cumprida, xa que CAVISA leva anos apostando por unha minería de aproveitamento no seu compromiso coa súa contorna, tanto desde o punto de vista social como ambiental.

Finalmente, nun prazo de oito meses, CAVISA obtivo o certificado AENOR de Sistemas de Xestión Mineira Sustentable.

De cara a seguir traballando pola sustentabilidade, os seus plans de futuro están centrados na eficiencia enerxética e a economía circular.

A protección da fauna marítima nas rías baixas

imprimirCorreo electrónico

Pensando en la conservación de la fauna marítima y la limpeza de las rías la empresa TERMAVI (Terminales Marítimas de Vigo) desarrolla una iniciativa en torno al medio ambiente. De esta forma da soporte y medios para promover estas actuaciones que tienen como protagonista la fauna marítima, especialmente arroaces, delfines, ballenas, tortugas que viven o pasan por la rías gallegas.

Así desarrollan distintas intervenciones con las que concienciar a la sociedad, es una de las claves, para aumentar el nivel de limpieza de las Rías Bajas.

Intervención
TERMAVI en colaboración con EMMA (Coordinadora para estudios de mamíferos marinos; ACAE Drones (asociación Cultural Aeronáutica Española); y la subdirección general para la protección del mar -Secretaría de Estado de Medioambiente están  innovar en el estudio de la fauna marina de las rías a través de medios aéreos no tripulados de forma que mejoran sustancialmente el conocimiento de los cetáceos marinos: como viven, cuales son sus costumbre y cual su vida social.

Para llevar a cabo esta iniciativa se empleará tecnoloxía aérea no tripulada: drones. Una iniciativa que es transferible entre el Ministerio de Transición Ecológica a través de la secretaría de Estado del Medio Ambiente.

Empresa TERMAVI: Terminales Marítimas de Vigo

Sector: portuario

Tamaño: 50

web: http://www.termavi.com

Información adicional: https://vimeo.com/463553353

Medicina para o medio ambiente: redución da pegada de carbono

imprimirCorreo electrónico

 

 

Desde o grupo sanitario Povisa trabállase na redución das emisións de CO2 a través de distintas accións que lles permitiron que entre 2018 y 2019 a pegada de carbono da empresa descendera nun 10%. Unha labor que continúa co obxectivo de chegar ao 2024 ao 50% menos de consumo de auga, un 30% menos de enerxía e un 35% no caso do gasto de gas natural.

 

Unha carreira que xa comezaron a través da instalación de paneis de enerxía solar fotovoltaica nos tellados das instalacións. Do mesmo xeito mudaron os antigos equipos de frío por outros de alta eficiencia e as billas e cisternas foron mudadas por mecanismos temporizados e de caudal reducido.

 

Co propósito de achegarse a cifras que suporán, se fora dióxido de carbono dunha redución de preto de 2.000 toneladas, o grupo segue traballando en todas estas iniciativas. Para acadar a meta de reducións a empresa traballa na concienciación e implicación tanto dos profesionais da empresa como dos doentes. Do mesmo xeito nestas acciones traballouse conxuntamente Naturgy e o Inega.

 

Un traballo a favor do medio ambiente que foi recoñecido coa concesión da certificación de Pegada de Carbono de AENOR  tras a auditoria nacional que se realiza segundo o acordo de París e avalada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

 

Empresa POVISA (grupo sanitario Rivera)

 

Sector: sanitario

 

Tamaño: 1.500 empregados

 

web: https://www.povisa.es/

 

Econoia: por unhas rías máis limpas

imprimirCorreo electrónico

  Co obxectivo de lograr unha maior optimización dos recursos existentes a Confraría de Pescadores de Noia impulsa un plan de formación e divulgación sobre o impacto do lixo mariño dirixida a mariscadores/a. Unha iniciativa na que participan o Patrón Maior e a directiva da Agrupación de Mariscadores/as a pé "A Misela", así como un equipo de RSC da Confraría integrado por unha 1 bióloga mariña, un técnico de xestión e un técnico en RSC.

O propósito é realizar limpezas activas do lixo mariño nos bancos marisqueiros intermareais cun inventario de todo tipo de residuos e peso; clasificar e depositar correctamente todo isto para ser entregado a un xestor autorizado.

Para poder realizar o traballo de recollida e clasificación, o proxecto disporá de contedores, proporcionados polos concelllos de Noia e Outes destinados a clasificar os residuos. Mentes que a Confraría de Pescadores de Noia poñerá a disposición do programa sacos, dous vehículos, dúas embarcacións, básculas e infraestrutura de oficina.

Para poder chegar ao obxectivo final Econoia inclúe un apartado de divulgación dos resultados do programa para coñecemento de toda a poboación, que se realizará a través de trípticos, con cartelería do proxecto na que se mostrará a ría de Muros-Noia.

Impacto

O obxectivo final é dobre e directamente relacionado. Por unha banda a redución do impacto ambiental, ao tempo que se busca un incremento nas vendas. Mentres que se traballa en todo isto, tamén se fomentan as sinerxias con outras confrarías de pescadores, ONG´s e a administración.

No desenvolvemento da iniciativa, participan a Agrupación de Mariscadores/as a pé da Confraría de Pescadores de Noia; o Concello de Noia e o de Outes; a Asociación Mar de Noia, a de Mar de Fábula e a Sociedade Cultural Recreativa LICEO de Noia.

Esta iniciativa pode repercutir en máis de 1.500 mariscadores/as a pé e a flote; nos cidadáns dos concelllos de Noia e Outes, e no o sector do ocio e turismo que goza deste espazo natural. Todo isto a través dun proxecto enmarcado no Plan Mar Limpo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para a protección e conservación dos bancos marisqueiros.

Empresa: Confraría de Pescadores de Noia

Sector: Alimentación- economía.

Tamaño: 100 empregados.

Web: www.cofradianoia.es

Pensando en benestar ambiental

imprimirCorreo electrónico

A empresa Aditivos e Servizos Galegos Sergal, S.L. de control de pragas e bioseguridade alimentaria en Galicia, desenvolve unha acción para o beneficio do medio ambiente.                                      

Co propósito de ser máis respectuosos e cumprir cos obxectivos e indicadores desprendidos do pacto Mundial busca reducir de contaminante ambientais ao tempo que mellora a imaxe ante clientes e sociedade en xeral.

Para lograr isto traballa en atopar Biozidas homologadas pola UE e non dispoñibles en España, de tal xeito que se poidan substituír as que non son respectuosas co medio ambiente por outras biodegradables. Realizando un esforzo por importalas e empregalas. Un traballo de mellora ambiental na que participan clientes, preveres e traballadores.

Para todo isto Sergal emprega recursos económicos para atopar estes produtos alternativos, que precisan ser importados. Por outra banda esta empresa con dez anos de experiencia busca a transferencia de coñecementos sobre estes produtos para que se poidan legalizar e mercar dentro do territorio nacional.

Empresa: Aditivos e Servizos Galegos Sergal, S.L

Sector: control de plagas e bioseguridade alimentaria.

Tamaño: 8 persoas traballadoras.

Web: http://www.sergal.es

 

 

Reciclaxe solidaria de móbiles obsoletos

imprimirCorreo electrónico

Arce Clima, empresa de instalacións e mantemento de sistemas de climatización, protección contra incendios, enerxías renovables e frío industrial, foi unha das compañías participantes na primeira edición de Responsabilízate e, para contribuír no coidado do medio ambiente, levaron a cabo unha reciclaxe solidaria de teléfonos móbiles obsoletos. 

Con esta iniciativa perseguían o obxectivo de fomentar a economía circular e o aproveitamento dos residuos a través da reutilización de terminais. Deste xeito, invitaron ao seu persoal a que realizasen unha correcta eliminación dos seus dispositivos para un maior respecto do medio ambiente. 

Os terminais vellos son entregados á ONG Oxfam Intermón, que conta cun sistema de recollida deste tipo de aparellos, que son analizados e, aqueles que poden ser aproveitados, envíanse a países en vías de desenvolvemento. Os que non poden ser reparados, desmóntanse e sepáranse os seus compoñentes para aproveitar os que estean en perfecto estado. Así, reducen a demanda de certos compoñentes coma o coltán, que degrada os ecosistemas. 

 

Empresa: Arce Clima Sistemas y Aplicaciones S.L.

Sector: Siderometalúrxico

Tamaño: 180 empregados

Web: www.arceclima.com

 

Limpeza de contornas naturais e sendeirismo sustentable

imprimirCorreo electrónico

Livegens é unha startup galega de moda sustentable, un proxecto ligado ao medio ambiente no que empregan materiais ecolóxicos, naturais, biodegradables e 100% libres de plásticos, que ademais democratiza este tipo de moda responsable facéndoa accesible a todo o público. Un dos seus obxectivos é a reinvención da moda, que se complementa cun labor social co que buscan coidar o medio ambiente. 

Dentro das iniciativas que promoven para concienciar á sociedade da importancia de protexer o noso planeta e apostar por un modelo máis sustentable e responsable, atópase a participación en limpezas de contornas naturais, nas que recolleron lixo en diferentes lugares, como a praia de Santa Cristina (Oleiros, A Coruña), o río Sil ao seu paso por Ponferrada ou o val de Fornela. 

Ademais disto, tamén promoven o sendeirismo sustentable, realizando rutas nas que aproveitan o contacto da natureza para a recollida de residuos plásticos. 

 

Empresa: Livegens

Sector: Moda

Tamaño: 2 empregados

Web: www.livegens.com