• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Ambiental

Moda sostible circular

imprimirCorreo electrónico

Sembra biojoyas é unha empresa de moda sostible circular. As bioxoias son xoias vivas, creadas con materiais naturais como sementes, cascas, fibras naturais, madeiras, materiais orgánicos e que conteñen nutrientes; tamén por biomateria como plumaxes e coiro, entre outros.

A maior parte das bioxoias de Sembra son creacións de comunidades indíxenas do Amazonas, con materiais da fauna e flora da foresta.

O obxectivo de Sembra é dar a coñecer a moda dos complementos sostibles e circulares, tamén atender á crecente demanda de consumidores conscientes e responsables co medio ambiente.

As biojoyas non xeran residuos e colaboran coa preservación do medio ambiente e coa cultura de varias etnias indíxenas, responsables de coidar e manter un dos biomas máis emblemáticos do mundo.

Actualmente, a industria da moda é un grave problema ambiental. Sembra biojoyas xorde como alternativa ecolóxica de moda sostible. Son xoias naturais e cunha historia, un concepto de coidar e fomentar a preservación da natureza.

Existen varios beneficios de consumir as biojoyas; un deles é que cando queremos desfacernos delas, o que debemos facer é enterralas nunha horta, xardín ou maceta. Así devolveremos os materiais á natureza, e se as condicións climáticas son favorables, as sementes poderían brotar.

Impacto

  • Redución de residuos ambientais.
  • Apoio e fomento das culturas dos pobos indíxenas e difusión dos seus coñecementos.
  • Conexión entre as persoas e a natureza, xa que produtos naturais e orgánicos están en contacto coa nosa pel.

Empresa: Sembra biojoyas

Número de empregados: 1

Páxina web: www.sembrabiojoyas.es

Eventos responsables

imprimirCorreo electrónico

Kalma eventos é unha axencia de comunicación e eventos sostibles que promove e fomenta o intercambio de eventos e creación de experiencias únicas na contorna rural Galego como medio para potenciar e dar a coñecer as oportunidades que ofrece a contorna en materia de sustentabilidade, cultura rexenerativa, economía circular e colaborativa.

Kalma eventos é proxecto que xorde a partir dun problema detectado no territorio e que busca dar unha solución próxima para o gozar consciente e o coidado do medio ambiente, desde unha perspectiva máis humana, colaborativa e inclusiva.

Impacto

  • Eventos cun impacto positivo.
  • Redución dos custos asociados á celebración de calquera tipo de evento
  • Inclusión do comercio local e de todos os participantes da economía.
  • Decoración de eventos a partir do deseño upcycling, pezas feitas a man a partir de materiais reciclados.
  • Vantaxes para a propia empresa e entidade que busca reforzar o seu compromiso coa política de responsabilidade social corporativa.
  • Coa organización deste tipo de evento persoas e empresas teñen a oportunidade de sensibilizar aos participantes, provedores, comunidade local, entre outros, sobre os beneficios de realizar eventos máis responsables.

Obxectivos

  1. Crear e intercambiar eventos e actividades que promoven as boas prácticas en materia de sustentabilidade, cultura rexenerativa, economía circular e colaborativa.
  2. Fomentar e sensibilizar aos participantes da economía sobre accións para o gozar saudable desde o deporte, a arte, a alimentación, o respecto polo medio ambiente e a súa diversidade, ata temáticas e charlas de interese social.
  3. Concienciar ás persoas, empresas, organizacións e entidades a través do activismo.

Empresa: Kalma Eventos

Sector de actividade: Organización de eventos e comunicación

Páxina web: www.kalmaeventos.es

Náutica Circular

imprimirCorreo electrónico

Praxxis Inclusión Sociedade Cooperativa Galega ten como fins deseñar e desenvolver actividades accesibles e inclusivas, en particular as náuticas; deseñar ferramentas, servizos e produtos que teñen en conta calquera aspecto relacionado coa accesibilidade universal; e deseñar modelos de negocio triplo balance que proporcionen solucións transversais, sostibles, sociais e de alto impacto.

A entidade puxo en marcha unha iniciativa para terminar co abandono de embarcacións no mar, rías e ríos, xa que día de hoxe son máis de 1.000 barcos abandonados na costa galega, contaminando e producindo impactos negativos no medio ambiente. Para iso, esta iniciativa busca pechar de verdade o círculo da náutica desde a fabricación dos barcos, pasando polo seu fin de vida (cando xa non poden navegar) e atopar solucións desde o desmantelamento e reciclaxe das partes ou a procura doutros usos. Implicaron a autoridades marítimas, capitanías, estaleiros, deseñadores, autoridades administrativas (comunidade, deputacións, concellos...) e contratado a persoas vulnerables para realizar este labor, sendo os primeiros colectivos beneficiarios da iniciativa.

Empresa: Praxxis Inclusión Sociedade Cooperativa Galega

Número de empregados: 2

Páxina web: www.praxxis.gal

Plan de conciliación da vida laboral, familiar e persoal

imprimirCorreo electrónico

Un dos valores máis importantes e estratéxicos da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) do Grupo Gestán é axudar a formar parte do equilibrio entre as responsabilidades laborais e familiares das persoas traballadoras da organización, fomentando estratexias flexibles na organización do traballo que favorezan a conciliación familiar e laboral.

Por iso, a empresa estableceu un plan de conciliación que se adapte aos cambios variables da nosa sociedade, sinxelo e transparente, que permita aumentar o grao de satisfacción, mellorar o clima laboral e a produtividade.

Dentro do Plan aprobáronse diferentes medidas como: ausencia do posto por reunións persoais (titorías de menores, acudir a un banco/notaría…), acompañamento de menores ao primeiro día de colexio, acurtar os tempos de descanso de horario de comida para favorecer a conciliación de horarios, favorecer a flexibilidade de vacacións e flexibilidade á hora de elixir o festivo local, ben seleccionando o da zona na que reside a persoa ou por outro día aleatorio, etc., entre outras medidas de usos de tempo que faciliten o persoal poida organizarse mellor, á vez que se mellora a organización empresarial.

Obxectivos

  • Mellora o rendemento produtivo e o compromiso coa empresa
  • Redución do absentismo
  • Mellora da calidade de vida das persoas

Empresa: Grupo Gestán

Sector de actividade: Servicios medioambientais

Tamaño: 130 empregados

Páxina web: http://grupogestan.com/

Instalación fotovoltaica de autoconsumo na fachada das nosas oficinas

imprimirCorreo electrónico

Soltec Ingenieros, fundada en 2001, é unha empresa de enxeñería independente con sede en Vigo. O seu traballo abrangue proxectos de diversa complexidade, cunha carteira de máis de 2.500 proxectos e unha oferta de servizos nas áreas da industria, enerxía (destacando a fotovoltaica e o hidróxeno verde), eficiencia enerxética, enxeñaría de proxectos e desenvolvemento corporativo.

En abril de 2022 realizou unha instalación fotovoltaica de autoconsumo de 16 paneis solares na fachada das oficinas de Soltec Ingenieros. Este investimento traduciuse para 2022 nun autoconsumo do 60 % da enerxía xerada por esta instalación.

Xunto a unha tarifa eléctrica con certificado de orixe renovable, as emisións das oficinas convertéronse en negativas ao poder exportar o exceso de enerxía da xeración os fins de semana. A instalación é vertical, en parede, e permite que nos meses de inverno, co sol máis baixo, a produción de enerxía sexa significativa. Entre abril e decembro producíronse 3.535 kWh de enerxía fotovoltaica.

Esta acción supón que as emisións de CO2 da empresa diminúen significativamente en comparación coas xeradas en 2021, reducindo a pegada de carbono nun 66 %.

Relación cos ODS:

  • Obxectivo 7: Enerxía asequible e non contaminante
  • Obxectivo 8: Crecemento económico
  • Obxectivo 11: Cidades e comunidades sustentables.

Empresa: Soltec Ingenieros

Sector de actividade: Enxeñaría

Tamaño: 16 empregados

Páxina web: https://soltecingenieros.com/

Recuperar e aproveitar as augas pluviais

imprimirCorreo electrónico

Aplicaciones de Bombeo Industrial (ABIN) desempeña unha actividade que esixe o consumo de auga da rede de subministración municipal para satisfacer as necesidades básicas do persoal, en procesos de limpeza das súas instalacións e en procesos levados a cabo polo Departamento Técnico, área de Taller, sendo aquí onde se rexistra o maior consumo de auga ao ser esta requirida en operacións de mantemento e posta a piques de equipos de bombeo (realización de probas de funcionamento e presión, por exemplo). Para a execución destas probas, a empresa dispón en Taller dun “foso de probas” cuxo enchido require un volume importante de auga.

Coa finalidade de minimizar o consumo de auga adoptouse como boa práctica ambiental o aproveitamento das augas pluviais (ao ser a climatoloxía de Galicia propicia). Desta maneira, en época de choivas, o persoal técnico procede á recollida das augas pluviais canalizadas nas instalacións antes de que sexan conducidas á saída da rede de pluviais. Para esta tarefa utilizan un equipo de bombeo do seu propio parque de maquinaria. As augas aspiradas pola bomba son conducidas e depositadas nun contedor estanco onde quedan almacenadas para o seu posterior emprego. Convén matizar que a auga do devandito contedor utilízase tanto para o enchido do foso como en operacións de limpeza de maquinaria, útiles e ferramentas.

Adoptando esta práctica ABIN logrou reducir significativamente o consumo de auga.

Impacto

Redución de impactos ambientais: consumo de recurso natural como é a auga; aforro económico (redución de facturas de consumo de auga); aforro de reservas de auga dos ríos e lagos; creación dun mundo máis racional e sostible.

 

Empresa: Aplicaciones de Bombeo Industrial, S.L.

Tamaño: 6 empregados

Sector de actividade: Comercio de maquinaria para a minería, a construción e a enxeñería civil

Páxina web: www.abin.es

Step by Step

imprimirCorreo electrónico

A colección Step by Step está tratada cunha fórmula que inclúe Dióxido de Titanio (TiO2), un aditivo fotocatalítico que utiliza a luz do sol e a humidade para converter os óxidos de nitróxeno (NOx) en moléculas inocuas, eliminando así contaminantes da atmosfera. Conséguese así que o calzado poida neutralizar os contaminantes da atmosfera a través do téxtil. A colección está fabricada en España e confeccionada en PES 100% reciclado. Ademais, os zapatos levan incorporado un código QR na lengüeta para que os usuarios poidan consultar a cantidade de descontaminantes que axudan a reducir grazas aos seus zapatos, así como o total da comunidade  Krack.

Impacto:

  • Concienciación ambiental
  • Posibilidade de calcular o impacto positivo da sociedade
  • Testear un sistema téxtil redutor de polución para a contorna urbana e crear unha comunidade de conciencia global respectuosa co  medioambiente e colaborativa para a súa descontaminación.

Empresa: Krack Zapaterías SL

Sector: Venta e distribución de calzado

Tamaño: 190

Web: www.krackonline.com

En colaboración con: CDTI, AITEX

Iniciativa Slowlight

imprimirCorreo electrónico

A contaminación lumínica e, con ela, a degradación da noite, é un problema crecente en intensidade e extensión territorial, con innumerables efectos adversos sobre o medio ambiente, a biodiversidade e a saúde humana. As cidades e pobos están hoxe altamente contaminados desde un punto de vista lumínico. É posible deseñar unha nova paisaxe nocturna a través do uso dunha iluminación acougada e amable, ordenada, segura, emocional, intelixente e innovadora.

Impacto

  • Redución do impacto ambiental por contaminación lumínica e atenuación da degradación da noite e do ceo nocturno.
  • Mellora en materia de eficiencia enerxética e redución do gasto en enerxía eléctrica.
  • Respecto ao ciclo noite e día, con efectos beneficiosos sobre a saúde humana e a biodiversidade.

Empresa: Asociación Slowlight

Sector: Iluminación responsable

Tamaño: 2

Webwww.slowlight.es 

 

 

Autoconsumo fotovoltaico – Eleko

imprimirCorreo electrónico

Eleko Tecnología e Innovación SL é unha empresa distribuidora de material eléctrico, de telecomunicacións, automatización, instalacións fotovoltaicas e neumática industrial e robótica, especializada en asesorar e ofrecer solucións técnicas. Esta compañía conta cunha visión estratéxica que, a longo prazo, se compromete á contribución e mellora do desenvolvemento sustentable.

Por iso, puxeron en marcha na súa sede central unha instalación de autoconsumo fotovoltaico, coa fin de cubrir as súas necesidades eléctricas, buscando unha independencia enerxética con cero emisións de dióxido de carbono. Para este proxecto, contaron co apoio dunha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), que supuxo un innegable impulso para a transformación enerxética da empresa.

O bo resultado da primeira experiencia levounos a programar a instalación noutras dúas delegacións, Lugo e Ourense, e para a instalación da Coruña contaron cunha axuda do INEGA, que tamén se solicitou para os novos proxectos.

 

Empresa: Eleko Tecnología e Innovación SL

Sector: Comercio maiorista de maquinarias e equipos

Tamaño: 71 persoas

Web: eleko.es

Econoia II, suma e segue na limpeza da ría

imprimirCorreo electrónico

A Confraría de Pescadores “San Bartolomé” de Noia está levando a cabo a segunda fase do seu proxecto medioambiental “Econoia” ao abeiro do Plan Mar Limpo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. Este programa consiste na realización da limpeza da contorna dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia durante os anos 2021 e 2022.

No proxecto participan 221persoas mariscadoras da Agrupación de a pé "A Misela" da Confraría de Pescadores de Noia e tamén colaboran os concellos de Noia e Outes e as Asociacións Mar de Fábula, Mar de Noia e S.C.R. Liceo de Noia.

Durante a primeira fase realizáronse un total de nove limpezas, nas que se retiraron 52 toneladas de residuos. A segunda fase, comezou o pasado mes de agosto de 2021, coa exposición artística “Arte da Mar”, consistente en pezas feitas con residuos retirados durante estas recollidas e pezas de cultura mariñeira atopadas nas praias. Esta mostra incluía tamén charlas formativas acerca do dano que fan as redes pantasma e o lixo mariño, sempre co obxectivo final de sensibilizar e concienciar a toda a poboación.

Impacto

A principal consecuencia positiva é a redución do impacto ambiental, xa que na primeira fase se retiraron do litoral da ría de Muros-Noia toda clase de residuos, como plásticos, gomas, cabichas ou madeira. Ademais, fíxose un importante labor de divulgación a través de cobertura dixital nas redes sociais e nos medios de comunicación escritos e audiovisuais.

Esta acción beneficia de forma directa ás 1.500 persoas que faenan nos barcos marisqueiros de Noia e, de forma indirecta, a toda a poboación que goza da ría para actividades de lecer e turismo. No futuro, a nivel galego, o impacto será maior a medida que se vaian incorporando máis confrarías de pescadores.

Cholita recicla

imprimirCorreo electrónico

Cholita Corme é unha marca centrada na economía circular, que dá unha nova vida ás redes de pesca e revive elementos e oficios do mar.

A través da transformación de residuos urbanos e mariños en bolsas e equipamento urbano, xa recuperaron miles de quilos de redes de pesca e de plásticos depositados no contedor amarelo, co traballo das redeiras e colectivos de inserción social, entre outros.

Estes son postos en valor a través do ecodeseño, poñéndoos ao servizo de toda a cidadanía, o sector mariñeiro e os xestores de residuos, demostrando que teñen infinitas vidas.

 

Empresa: Cholita

Sector: Transformación de residuos

Tamaño: 4 persoas

Web: www.cholita.gal