• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Ambiental

Deseño de un biochip para diagnóstico en sanidade ambiental

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Preténdese, nun plan a tres anos dividido en dúas fases, poñer a punto un biochip en formato LOAC para a detección precoz dos patóxenos asociados a enfermidades que aparecen en granxas e instalacións agropecuarias en xeral, así como a monitorización en tempo real da seguridade dos produtos agroalimentarios a nivel fábrica ao longo de toda a cadea de produción para evitar toxoinfeccións de orixe alimentaria. O enfoque, pola súa versatilidade, universalidade de concepto, portabilidade e rango de targets, podería ser aplicable á sanidade humana a nivel POC en atención primaria.

Impacto

Grande aforro dos custos asociados a tratamentos das enfermidades asociadas á produción, redución do impacto ambiental dos fármacos aplicados nos ditos tratamentos e dos residuos xerados, monitorización en tempo real do estado sanitario de granxas e empresas.

Empresa: Biodiagsan S.L.
Sector: Biotecnoloxía
Tamaño: 1 empregado

Reutilización de equipos informáticos

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Coa reutilización conseguimos importantes beneficios, tanto ambientais como sociais: redución da cantidade de residuos xerados, alongar a vida dos dispositivos, redución da extracción de recursos naturais, aforro das emisións de Gases Efecto Invernadoiro, consumo responsable, doazón de equipamento a entidades do terceiro sector, etc.

Impacto

Redución do impacto ambiental, maior aumento do nivel de información e sensibilización á hora de xestionar os residuos informáticos que se xeran e aumento de entidades sociais e educativas receptoras de equipos informáticos reutilizados doados por distintas organizacións.

Empresa: Revertia
Sector: Informático
Tamaño: 4 empregados
Web: www.revertia.com

Cálculo da pegada de carbono

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Trátase dun instrumento para determinar a cuantificación de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (TonCO2Eq GEI) que foron emitidas á atmosfera a través da xeración dos nosos produtos e/ou servizos. Así, puidemos evaluar o impacto da nosa actividade durante o ano 2012, o cal ascendeu a 21,74 TonCO2Eq, é dicir, un total de 1,81 TonCO2Eq por empregado. Metal Ferrol é unha empresa carbono neutral.

Impacto

Coñecer a contribución da organización ao quentamento global, identificar as principais fontes de emisión, seleccionar a metodoloxía de cálculo da pegada de carbono para as instalacións da empresa e localizar procesos que poidan contribuír á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro no futuro.

Empresa: Metal Ferrol S.A.L.
Sector: Siderometalúrxico
Tamaño: 10  empregados
Web: www.metalferrolsal.es