• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Conciliación

Traballo pola igualdade de oportunidades sen discriminación

imprimirCorreo electrónico

 

 

O grupo sanitario Povisa traballa desde fai anos na aplicación dun plan de igualdade de trato e de oportunidades entre todas as persoas traballadoras do grupo.

 

Do mesmo xeito crean oportunidades non só no acceso ao emprego, a conciliación e ordenación do tempo de traballo, a contratación, clasificación profesional, promoción, formación, retribución e saúde laboral, así como velar por traballar constantemente na comunicación e nunha linguaxe non sexista.

 

Un traballo diario destinado a todos os traballadores para os que dentro do material de conciliación aplícanse medidas como contar con comedor de empresa, subvencións para a gardería, xornadas reducidas e flexibilización de horarios así como excedencias voluntarias.

 

Xunto a estas accións Povisa elaborou un protocolo co que evitar o acoso e a violencia de xénero tanto no entorno laboral como foro, así como unha comisión de Igualdade.

 

Todo un plan desenvolvido e negociado entre as distintas áreas da empresa e entre a dirección da empresa e aqueles que representan os traballadores. Unha unión de traballo que permitiu que outubro se asinará o II Plan de Igualdade do Hospital.

 

Empresa POVISA (grupo sanitario Rivera)

 

Sector sanitario

 

Tamaño 1.500 trabajadores

 

web https://www.povisa.es/

 

Concilación co modelo Kaizen

imprimirCorreo electrónico

No camiño de atopar unha conciliación eficiente e efectiva Juan Martínez Lema aplica o modelo Kaizen na súa granxa de vacún de carne pequena. A súa proposta ten como obxectivo lograr unha conciliación laboral, familiar e persoal: mellorar as condicións laborais e ao mesmo tempo incrementar a produtividade, e acadar máis calidade dos produtos galegos.

Juan Martínez Lema propón a aplicación do modelo Kaizen ou de mellora continua en todo o tecido empresarial galego. Así, cun esforzo inicial e concienciación de empresas e persoas traballadoras, busca que nun breve período se acaden resultados moi elevados, e repercutan por exemplo en que se traballen menos horas a semana (35). Unha propósta coa que se logra unha conciliación familiar de calidade.

Empresa: Juan Martínez Lema

Sector: Agrícola

Tamaño: 1 empregado

 

Bonificación para mulleres cooperativistas

imprimirCorreo electrónico

O sector do transporte, en especial a condución de camións, é fundamentalmente masculino, polo que é un dos que presenta una das fendas de xénero máis acusadas. Para poder reducir esta desigualdade, Ribatrans Sociedade Cooperativa Galega modificou os seus estatutos para estimular a presenza de mulleres dentro da súa cooperativa, ben sexan mulleres que desexen continuar co seu negocio ou que adquirisen unha nova licencia e precisen incorporarse a unha sociedade cooperativa. 

A modificación destes estatutos consta por escrito coa aprobación do 100% da asemblea de cooperativistas e inclúe a seguinte bonificación para as mulleres: durante o primeiro ano non teñen que abonar nin cotas de entrada nin mensuais. 

 

Empresa: Ribatrans Sociedade Cooperativa Galega

Sector: Transporte

Tamaño: 14 cooperativistas e 3 traballadores

Web: ribatransscg.com

 

Benestar dos recursos humanos

imprimirCorreo electrónico

Descrición

O compromiso coa RSE de Promove, unha das empresas recoñecidas co Premio RSE Xunta de Galicia no ámbito de conciliación e igualdade, acompáñaos desde o comezo. Agora transmiten os seus valores a outras persoas emprendedoras, comunicando que outra forma de facer empresa é posible.

Saben que os recursos humanos son o activo máis importante da empresa e, co obxectivo de promover o benestar do equipo e a súa felicidade no ámbito empresarial, familiar e persoal; esta consultoría adaptou o traballo ás circunstancias persoais e familiares de cada un dos empregados e impulsou unha contorna agradable para xerar unha relación de confianza e colaboración entre as persoas que forman parte dela.

Aplicando os conceptos de empatía, solidariedade, confianza e responsabilidade no seu día a día, xunto con medidas clave, como flexibilidade horaria e espacial e traballo por obxectivos, acadaron a súa meta.

Impacto

Aumentou a calidade de vida profesional e persoal dos seus traballadores, o que repercute na calidade dos proxectos que están a desenvolver. Tamén se promoveu a fixación das persoas no territorio e o coidado de fillos e persoas dependentes. Por tanto, estas medidas non só favoreceron ao equipo, senón tamén á súa contorna, posto que a flexibilidade laboral permitiulles ter unha vida persoal máis activa, permitíndolles implicarse en maior medida nas actividades da familia e a comunidade. 

Empresa: Promove
Tamaño: 3 empregadas
Sector: Consultoría
Web: http://promoveconsultoria.com/

 

Permiso retribuído para acompañar ao médico aos fillos

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Posibilitar a asistencia ás consultas médicas dos fillos menores de 8 anos, cando non impliquen gravidade (entendendo esta como hospitalización ou ben intervención cirúrxica que só precise repouso) por un período máximo de 16 horas anuais, non acumulables. O obxecto desta medida é a disposición de maior tempo do que establece o ET e o convenio colectivo de aplicación para o mellor coidado e atención dos/das menores, así como permitir unha mellor conciliación da vida laboral e familiar.

A busca constante de recoñecemento independente (EFQM 500+; ISO 9001, 27001, 14000) fíxonos abrazar o modelo e certificado de Empresa Familiarmente Responsable en maio de 2009 para poñer en valor o noso compromiso coas persoas que fan posible esta realidade empresarial.

Impacto

Incremento positivo da valoración xeral de calidad de vida no traballo (enquisa anual realizada na compañía) e na taxa de rotación non desexada, descenso da taxa de absentismo, oportunidade de conciliación, incremento do sentimiento de pertenza.

Empresa: Grupo Femxa
Sector: Formación
Tamaño: 220 empregados
Web: www.cursosfemxa.es

Racionalización horaria

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Adopción dun horario de traballo que permita unha maior conciliación coa vida persoal. En primeiro lugar reducimos o tempo de comida a unha hora e, despois, adiantamos a hora de entrada para todos aqueles que non realizan quendas, é dicir, a gran maioría dos empregados. O noso horario de luns a xoves é de 8:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 17:30 horas. Esta hora de saída permite unha gran dispoñibilidade de tempo para todo tipo de actividades. Ademais, implantamos os venres xornada continua de 8:00 a 15:00 horas, permitindo que o descanso semanal sexa un continuo de case dous días e medio.

Impacto

Incremento positivo da valoración de calidade de vida no traballo (enquisa anual realizada na compañía), impacto significativo na taxa de rotación non desexada (comprobado nas avaliacións anuais de desempeño) e descenso na taxa de absentismo.

Obxectivos

  • Maior e mellor oportunidade de conciliación persoal e profesional.
  • Incremento de sentimento de pertenza.
  • Oportunidade de facilitar a realización de actividades de desenvolvemento profesional e persoal, como formación ou accións de vida saudable.

Empresa: Grupo Femxa
Sector: Formación
Tamaño: 240 empregados
Web: www.grupofemxa.com