• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Programa responsablízate

imprimirCorreo electrónico

Axudando á competitividade das pemes galegas

Ser máis responsables social e ambientalmente beneficia e compete a todo tipo de empresas, non só ás grandes corporacións. As compañías líderes, as que contan con mellor reputación, xa teñen integrada a RSE nas súas estratexias dende hai tempo. Neste sentido, resulta clave a formación e o compromiso dos equipos directivos, que serán os encargados de implementala de maneira eficaz en todas as áreas de xestión.

A RSE como elemento estratéxico:

  • Aumenta a presión regulatoria en materia de ASG en ámbitos que, ata hai pouco, eran de carácter voluntario. As empresas deben prepararse para responder a estas demandas.
  • Os mercados de investimento e finanzamento inclínanse a favor de negocios que integren criterios ASG (Ambientais, Sociais e de Gobernanza).
  • Clientes, consumidores e sociedade xeral teñen cada vez unha maior sensibilización cara á responsabilidade das empresas.
  • As grandes organizacións establecen requirimentos ASG nas súas cadeas de valor, o que impulsa o posicionamento en sustentabilidade do tecido empresarial.

O PROGRAMA RESPONSABILÍZATE, é un plan de asesoramento GRATUÍTO dirixido ás pequenas e medianas empresas en materia de Responsabilidade Social Empresarial. Este inclúe ademais, o acompañamento na aplicación de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades.

Obxectivos

  • Realizar un diagnóstico do estado actual e potencial das obrigas ASG/RSE nas pemes galegas, e dar aos participantes asesoramento e formación para que implementen e desenvolvan as súas propias actuacións.
  • Promover a incorporación das obrigas ASG/RSE nos diferentes modelos de negocio, para que esta repercuta positivamente nos resultados empresariais e na visión dos seus respectivos grupos de interese.

Beneficiarios

Poderán participar no programa tanto pemes como persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia. Ademais, deben cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ter polo menos unha persoa traballadora por conta allea.
  2. Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
  3. Non ser entidades sen ánimo de lucro.

Documentación necesaria

  • Formulario normalizado (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR320B&ano=2023&numpub=1)
  • Copia da escritura de constitución, estatutos ou documentos análogos da empresa solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e potestade da persoa que actúa e que asina a solicitude.
  • Autorización para a comprobación dos seguintes datos:
    • DNI/NIE solicitantes ou DNI/NIE persoa representante
    • NIF empresa solicitante
    • Vida laboral de todos os códigos da conta de cotización da empresa solicitante dos 30 días inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.

Servizos

  • Análise do estado, potencial competitivo e situación da RSE na empresa.
    • Analizarase a fase de implantación na que se atopa a RSE na compañía, partindo do estudo do modelo de negocio e analizando todas as funcións e procesos que forman parte da cadea de valor.
  • Asesoramento e formación.
    • Impartirase un módulo formativo en liña que, a través de unidades temáticas específicas, permitirá ás empresas coñecer as claves da RSE e a súa aplicación en distintos ámbitos da xestión.
    • As empresas poderán participar en formacións conxuntas impartidas por expertos nacionais nas distintas materias que compoñen a RSE.
    • Tamén contarán con xornadas de formación e asesoramento personalizadas, que favorecerán o desenvolvemento dunha folla de roteiro específico para cada empresa.
  • Definición do Plan de Acción en RSE para as pemes, implantación das primeiras accións e seguimento do seu desenvolvemento.
    • A partir do informe de diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan individualizado de acción en RSE, e implantará un mínimo do 20% das accións previstas no mesmo.
  • Centro de atención personalizado RSE.

Selo

As empresas que participen no programa e superen correctamente todas as fases, poderán obter un selo de empresa responsabilízate, este identificará a aquelas empresas comprometidas que forman parte da Comunidade. Trátase por tanto dun elemento de visibilidade e fidelización.

“Posicionamento, diferenciación e xeración de confianza entre os consumidores”

Para xerar maior confianza entre os consumidores e outros grupos de interese e posicionar os seus produtos e servizos e os atributos das súas empresas como responsables

Para poder optar á concesión do selo Responsabilízate por primeira vez, será necesario cumprir cos seguintes requisitos:

  • Ser admitido como beneficiario do programa Responsabilízate.
  • Estar rexistrado no portal Xunta-Pro RSE e completar polo menos o cuestionario de auto diagnóstico.
  • Colaborar coa fase de diagnóstico do programa, achegando información relevante para a análise do estado actual da sustentabilidade na empresa.
  • Completar a totalidade dos módulos formativos do curso en liña “Fundamentos ASG para empresas” e participar en 5 horas de asesoramento personalizado co/a técnico RSE.
  • Contar cun plan de acción en materia de sustentabilidade en proceso de implantación á finalización do programa.
  • A dirección da empresa deberá asinar e publicar o seu compromiso con:
    • O desenvolvemento sustentable, os Dereitos Humanos e a Axenda 2030.
    • A execución do plan de acción acordado á finalización do programa Responsabilízate, así como o seu seguimento e mellora continua.
    • A integración continuada da sustentabilidade e a RSE na estratexia e procesos da organización.
    • O impulso do diálogo e o coñecemento das expectativas dos grupos de interese.
    • O fomento da transparencia e a comunicación.

A obtención do selo terá unha duración de dous anos, tras os cales deberá procederse á súa renovación realizando as seguintes accións:

  • Presentación dun Plan de sustentabilidade actualizado.
  • Presentación dunha memoria de resultados de accións de Plans de sustentabilidade de períodos anteriores.
  • Firma de renovación do compromiso coa implantación da sustentabilidade por parte da dirección.

 

Preguntas frecuentes

Onde se presenta a documentación?

Se xa se presentaron anteriormente os documentos acreditativos da sociedade (escritura de constitución, estatutos e documentos análogos da empresa solicitante) cópre volver a presentalos?

Non é necesario volver presentalos, só tes que identificar o momento e o órgano administrativo ante o que se presentou con anterioridade.

O solicitante pode opoñerse a que a Administración comprobe os datos: DNI/NIE solicitante e persoa representante, NIF empresa solicitante e Vida laboral de todos os códigos da conta de cotización da empresa?

Si. No caso de que a persoa interesada se opoña á consulta, deberán indicalo na casilla correspondente habilitada no formulario correspondente e achegar os documentos.

Hai un número de prazas limitadas para acceder ao programa?

Si, o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilízate. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Que resultados finais vai ter a empresa?

Vai ter os coñecementos e ferramentas necesarias para xestionar de maneira eficaz a RSE e así mellorar a calidade e competitividade do seu modelo produtivo a través da aplicación de criterios de eficiencia, sustentabilidade e igualdade de oportunidades.

Que tipo de ferramentas son necesarias para xestionar eficazmente a RSE?

Cada empresa ten unhas necesidades específicas, polo que o programa inclúe un plan de asesoramento persoalizado para cada entidade. Algunhas das ferramentas máis comúns e que a maioría de organizacións necesitarían poderían ser: Plan de igualdade, código ético ou a medición da pegada de carbono, entre outros.

A formación é certificada?

Efectivamente, as persoas que reciban a formación outorgaráselles unha Certificación acreditativa do programa formativo.

Como se acredita que a empresa participou neste programa e recibiu a formación e instrumentos necesarios para xestionar de maneira eficaz a RSE?

Todas as empresas que participen recibirán o Selo responsabilízate.

Téñense en conta os estándares GRI?

Utilízanse diversos estándares, entre eles o GRI.

Cal é a duración aproximada do programa?

Depende da dispoñibilidade das empresas, o conxunto da actuación é de 18 meses como máximo. Adaptarase o ritmo ás necesidades e dispoñibilidade de cada empresa.