Máis de 50 empresas, que acudiron á convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria, puideron compartir as súas experiencias da primeira edición do programa Responsabilízate e tiveron a oportunidade de crear un ambiente de diálogo e participación nun encontro que foi un marco perfecto para un intercambio de ideas relacionadas coa responsabilidade social empresarial.
A encargada de dar a benvida a todos os asistentes foi María Coutinho, subdirectora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que expuxo os resultados acadados na primeira edición, na que participaron máis de 120 empresas. Durante a súa exposición fixo fincapé na iniciativa Banco de ideas, unha canle da propia web rse.xunta.gal a disposición do tecido empresarial galego para comunicar e dar visibilidade ás accións responsables das empresas da nosa comunidade.
Contouse así mesmo coa participación do director da Fundación Más Familia, Roberto Martínez, que deu a súa visión da responsabilidade social, facendo fincapé no importante papel da conciliación e as persoas dentro das compañías.
Na mesa redonda, Víctor Cabal, de Inversións Hosteleiras de Galicia, Marta Pereiro, de Tesalia Capital, Jessica Fernández, de S4 Correduría de Seguros e Solucións Aseguradoras; e Becky Hermida, de Academia a Mariña, expresaron as súas opinións sobre o seu paso polo programa Responsabilízate, o que deu lugar a un interesante coloquio onde se compartiron exemplos de accións responsables.
Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, felicitou a todas as empresas participantes e destacou o papel da Xunta de Galicia dentro do impulso da responsabilidade social na comunidade, destacando iniciativas da Consellería de Economía, Emprego e Industria como o Programa Responsabilíizate e, por estar actualmente vixentes, as axudas para a implantación da RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cuxo prazo de solicitudes estará aberto ata o próximo 28 de xuño. Por último, fixo entrega dos certificados de participación no programa Responsabilízate.
Desde RSE Xunta de Galicia queremos agradecer o interese e compromiso das máis de 120 empresas participantes da primeira edición, así como a súa asistencia a este primeiro encontro. Tamén recordamos que, para todas aquelas empresas interesadas en poñer en valor a súa actividade mediante a RSE, o prazo para inscribirse na segunda edición do programa está aberto e poden consultar máis información sobre o mesmo e os requisitos nesta ligazón.
Lista de asistentes
2xMil Soluciones S.L., Academia A Mariña, S.L., Agata Technology, Agentes Asociados AYM S.L., Agroamb Prodat S., Aporta Comunicación, Artegalia de Economía Social S.L., Autos Grabanxa, Belén Alonso, Ceasa Construcciones Mantenimiento y Servicios AYM S.A., Centro de Formación Foris, COGAMI Reciclado de Galicia S.L., Contrucciones Delfín Ferreiro Rodríguez S.L., Contrucciones Orega S.L., Consultoría Gestión y Proceso de Datos, Contactnova S.L., Coregal Parques e Xardíns S.L., E.S. Pontevea S.L., Eficiencia Energética de Galicia, EGA Formación y Desarrollo, Emetel S.L., Extel Facilities S.L.U., Extraco S.A., Factoría Software Multimedia, Frutas Nieves S.L., Galega de Economía Social S.L., Gesalnés (Asesoría de Tita), Imagina Concepto Industrial, Industrias J Cerviño S.L., Inversiones Hoteleras de Galicia, M. Caeiro S.A., Naviera Illa de Ons S.L., Obras y Servicios Gómez Crespo S.L., S4 Soluciones Aseguradoras, Tee Travel, Tempu Correduría de Seguros, Tesalia Capital S.L.