Benestar Organizacional

 

Impulsamos organizacións máis saudables, sostibles e competitivas.

O benestar organizacional é un elemento estratéxico para o desenvolvemento das empresas. Unha organización que coida ás persoas mellora a súa capacidade para atraer e fidelizar talento, fortalece o compromiso dos seus equipos, favorece un mellor clima laboral e aumenta a súa competitividade.

Consciente desta realidade, o Programa Responsabilízate incorpora nesta quinta edición un novo Servizo de diagnose, asesoramento e planificación do benestar organizacional, dirixido a apoiar as pemes galegas na identificación de oportunidades de mellora e no deseño de medidas adaptadas á súa realidade.

Trátase dun servizo totalmente gratuíto, desenvolvido por persoal experto, que permitirá ás empresas coñecer a súa situación actual e dispoñer dunha folla de ruta para integrar o benestar na súa xestión diaria.


En que consiste o servicio?

Las empresas participantes desarrollarán un itinerario personalizado compuesto por varias fases:

  • Autodiagnóstico inicial do benestar organizacional (ferramenta de autodiagnósis). 
  • Recollida de información mediante cuestionarios, entrevistas e revisión documental. 
  • Elaboración dun informe de diagnóstico individual do estado en benestar organizacional, que identifica fortalezas, riscos e oportunidades de mellora. 
  • Deseño dun Plan de Benestar Organizacional con obxectivos, accións, indicadores e cronograma. 

As empresas contarán cun programa de acompañamento individualizado destinado á persoa responsable da xestión o benestar, con sesión de mentoring (6 horas) e unha acción formativa práctica centrada na mellora da comunicación interna e na cohesión de equipos (8 horas).  


Contidos da acción formativa:

  • Técnicas de escoita activa, comunicación asertiva e feedback construtivo.
  • Xestión de conflitos e ferramentas para o diálogo efectivo en contornas laborais.
  • Dinámicas para fortalecer a confianza e a cooperación entre persoas.

Que beneficios obterá a miña empresa?

Participar neste servizo permitirá ás pemes:

  • Coñecer o seu nivel de benestar organizacional. 
  • Identificar fortalezas e áreas de mellora. 
  • Mellorar o clima laboral e a comunicación interna. 
  • Favorecer a motivación, o compromiso e a retención do talento. 
  • Reducir riscos organizativos e psicosociais. 
  • Incorporar medidas realistas adaptadas ao seu tamaño e recursos. 
  • Dispoñer dun Plan de Benestar Organizacional personalizado que facilite a mellora continua.

Quen pode participar?

Poderán solicitar este servizo as pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria do Programa Responsabilízate.

Requisitos e inscricións AQUÍ.

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.