"Calquera actividade que se realice para mellorar a sociedade pode servir de inspiración para crear un mundo mellor"

"Calquera actividade que se realice para mellorar a sociedade pode servir de inspiración para crear un mundo mellor"

Imprimir Email
(0 votos)

S4 Correduría de Seguros é unha empresa onde sempre estivo moi presente a responsabilidade social empresarial. O pasado decembro, recadou máis de 10.500 euros co seu "5º Concerto Solidario en Vigo", que foron destinados integramente á loita contra o cancro. Trala súa participación na primeira edición de Responsabilízate, falamos con Jessica Fernández, do Departamento de Marketing e Comunicación:

Acadaron un grande éxito co “5º Concerto Solidario en Vigo”, como xurdiu a idea de organizalo?

O noso Concerto de Nadal “Por eles” xurdiu no ano 2012 co obxectivo de recadar alimentos non perecedoiros para doar ao Banco de Alimentos de Ourense. Coa crise económica en pleno auxe, a demanda aumentou e moitas persoas e familias completas subsistían e subsisten gracias ao labor desta entidade e os seus voluntarios. Ante esta situación, comezamos a pensar de que maneira podiamos colaborar coa mesma á vez que lle dabamos visibilidade ao seu labor e aportabamos o noso gran de area para concienciar sobre esta realidade. Queriamos que fose unha acción que axuntara a toda a sociedade ourensá en particular e galega en xeral, á vez que celebrabamos o Nadal e brindabamos por un ano novo cos nosos mellores desexos. Entre outras ideas, expuxemos a celebración dun concerto e apostamos por el. Grazas ao seu éxito, decidimos repetir cada ano e, de feito, hoxe en día a súa celebración xa é unha sinal de identidade de S4. 

Esta primeira edición diferénciase das seguintes en que non se vendían entradas propiamente, senón que esta estaba vencellado á doazón de, mínimo, un quilogramo de comida e, grazas a esta acción, enchemos o acceso do Auditorio de Ourense de caixas de alimentos. Nos anos seguintes, e para evitar precisamente a problemática do almacenamento e transporte, decidimos poñer entradas á venda cun  prezo simbólico e doar integramente a suma total da recadación a unha entidade sen ánimo de lucro.

Así, as edicións de 2013 e 2014, que se celebraron tamén en Ourense, fixéronse a favor da Asociación Española contra el Cáncer (AECC); no ano 2016 fixémolo xunto á AECC de Asturias e a Asociación Galbán de nenos con cancro situada en Oviedo e, neste ano pasado, foi a asociación Vigo contra el Cáncer a beneficiaria do noso evento, co que recadamos un total de 10.620,24€.

O concerto tivo una gran repercusión e acollida, como reaccionaron os seus clientes?

Este ano foi a primeira vez que celebramos o concerto en Vigo. Somos unha empresa inmersa nun gran proceso de expansión pero a nosa orixe é viguesa e tiñamos moitas ganas de que a cidade que nos viu nacer fora testemuña do noso evento. Non podiamos esperar máis e, grazas ao apoio dos nosos clientes, veciños, traballadores e amigos, todo foi moito máis sinxelo. Dende que fixemos pública a data e o lugar nunha rolda de prensa organizada en novembro, comezamos a notar un grande apoio ao noso carón. Puxemos en marcha unha intensa campaña de comunicación combinando medios online e offline e os resultados foron moi positivos: os clientes chamaban interesados na compra de entradas e moitos veciños de Vigo achegáronse ás nosas oficinas para adquirilas. Se temos que resumir a reacción, podemos dicir que esta foi de agradecemento. Agradecemento por organizar un evento de tales dimensións cun único fin: loitar contra o cancro apoiando a investigación e a mellora da calidade de vida dos máis pequenos. Neste sentido, cómpre sinalar que tamén escoitamos testemuñas moi persoais e duras durante as xornadas de voluntariado que organizamos nas principais rúas de Vigo para informar sobre o concerto, sobre a labor de Vigo contra el Cáncer e a venda de entradas. 

En xeral, a acollida deixounos sen verbas e aínda hoxe nos emocionamos ao recordalo.

Ademais do concerto solidario, que outras accións de RSE están aplicando tras a súa participación en Responsabilízate?

En S4 sempre existiu unha especial sensibilidade en materia de RSE, tanto a nivel interno ao falar de conciliación laboral e familiar como de prevención de riscos laborais, entre outros. A nivel externo, sempre tratabamos de colaborar non só co crecemento económico da comunidade na que operamos, senón tamén na posta en valor o desenvolvemento social. Grazas á nosa participación neste programa e ao apoio incondicional de Sandra Fernández Prado, a nosa titora, puidemos encamiñar mellor as nosas accións neste campo. De feito, ao longo de 2017, a nosa estratexia xirou en torno a catro eixos: coidado da infancia, protección da saúde, promoción do patrimonio, cultura e educación e apoio ao deporte e a hábitos de vida saudábeis. 

Como exemplo destas accións podemos citar o coidado da infancia e protección da saúde a través do patrocinio da iniciativa “Sonrisas por Tiritas” ao longo de todo 2017 e renovando patrocinio para o 2018. É levada a cabo pola Asociación de Iniciativa Social Berce. 

No ámbito do deporte e a saúde, o patrocinio da II Carreira Asturias contra el Cáncer no mes de abril, o patrocinio do International Beach Volley celebrado en Fuerteventura no mes de maio, a organización e patrocinio do Torneo de Tenis S4 Asesores en Gondomar e a participación, como empresa, na V Carreira Vigo contra el Cáncer no mes de outubro.

En canto á cultura, o patrimonio e a educación, patrocinamos a I Festa das ANPAS da Escola Pública en A Coruña no mes de maio, a VIII Ruta O Cabaleiro das Cunhas no mes de xuño, as Festas do Barrio da Ponte en Ourense no mes de xullo e o o Festival Armadiña Rock organizado en Combarro (Pontevedra).

Ademais, puxemos en marcha unha Comisión de Voluntariado nacida como resposta do equipo ás necesidades sociais observadas na contorna. Trátase dun tipo de voluntariado corporativo que implica a todos os departamentos pero que se impulsa dende a parte máis alta do organigrama. Recoñécese, así, a cultura corporativa de S4 enfocada a construír un mundo mellor.

A RSE é un aspecto importante para calquera empresa. Antes do seu paso por Responsabilízate, S4 era consciente da súa importancia para ser máis competitivos?

Como xa se abordou na cuestión anterior, en S4 sempre existiu unha vinculación especial pola mellora da súa contorna e, antes do noso paso por Responsabilízate, eramos conscientes da súa importancia pero a menor escala. Agora sabemos cara onde dirixirnos e camiñar, e como as nosas accións repercuten e poden axudar a crear un mundo mellor en todos os sentidos. Por todo iso estamos especialmente agradecidos pola oportunidade que se nos brindou a través deste programa.

Que aspectos positivos destacarían do programa?

Do Programa Responsabilízate destacariamos como abre os ollos en materia de RSE. En S4 eramos conscientes da necesidade de que as empresas foran responsables e traballabamos para mellorar nestes aspectos, sempre dende a perspectiva do desenvolvemento social e económico da nosa contorna, pero este programa permitiunos reafirmar esta percepción e guiarnos polo camiño adecuado.

Neste sentido, destacariamos como positivo ser guía que marca o camiño a seguir para sermos responsables en todos os ámbitos e o seguimento continuo da posta en marcha e cumprimento das pautas indicadas para mellorar. Valoramos moi positivamente que este seguimento fose tamén presencial, pois ao coñecer as nosas instalacións e a través dun trato próximo, foi moito mais sinxelo aplicar certos protocolos. 

Ademais, grazas a este programa, tamén se potenciou a relación entre os membros do equipo, fortalecendo o seu vínculo e a toma de conciencia da necesidade de traballar xuntos para acadar obxectivos. Tamén desenvolvemos habilidades que, en ocasións, podían ser descoñecidas e aumentou o sentimento de pertenza a unha organización comprometida. Por último, puidemos tomar conciencia das necesidades sociais existentes e tomar medidas para potenciar o seu desenvolvemento.

Acadaron os obxectivos esperados?

Dende a nosa perspectiva, consideramos que si. Tamén é certo que sempre tratamos ser mellores e agora temos obxectivos moito mais fortes en materia de RSE. Queremos seguir traballando neste sentido e, por exemplo, queremos pautar actividades como o noso programa de voluntariado, etc.

Cales son agora as liñas estratéxicas da súa empresa en RSE?

As liñas estratéxicas de S4 xiran en torno a catro eixos: coidado da infancia, protección da saúde; promoción do patrimonio, cultura e educación e apoio ao deporte e a hábitos de vida saudables. Neste ano 2018 seguiremos traballando neste campo, ademais do voluntariado que irá sempre vencellado aos citados eixos. 

Cree que poden ser exemplo para outras empresas do sector?

Calquera actividade que se realice para mellorar a sociedade na que vivimos e para facer que as condicións laborais sexan mellores, sempre pode servir de inspiración para crear un mundo mellor. Si que é certo que na celebración do noso concerto ou mesmo durante as xornadas de voluntariado, moitas persoas que se acercan a falar con nós comentan a necesidade de que máis empresas teñan un sentido da responsabilidade coma S4. Máis que ser exemplo, consideramos que levar a cabo prácticas neste sentido pode ser moi beneficioso porque aumenta o sentimento de pertenza ao tratarse dunha organización comprometida. É un orgullo traballar nunha empresa que vela polo benestar social e fomenta os valores do equipo. En definitiva, animamos a todas as empresas e traballadores a penetrar neste campo porque, ademais, é moi satisfactorio a nivel persoal ver o resultado positivo de todas as accións.

Unha empresa Responsabilízate
  • Empresa: S4 Correduría de Seguros
  • Provincia: Pontevedra
  • Sector: Mediación de Seguros - Correduría
  • Número de traballadores: 38
  • Obxectivo de Responsabilízate: Coñecer se a nosda forma de xestionar é responsable e cumpre cos requisitos da RSE con todo o que viñemos facendo anos atrás e, por outro lado, conseguir establecer un plan de acción que se asente na empresa como forma de facer habitual para o noso día a día.
  • Valoración do programa: Moi positiva, aprendemos sobre a RSE e sobre nós mesmos.


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel