As pemes e autónomos da provincia de Pontevedra coñecen  o programa Responsabilízate

As pemes e autónomos da provincia de Pontevedra coñecen o programa Responsabilízate

Imprimir Email
(1 Votar)

O programa Responsabilízate continúa as súas xornadas de difusión da segunda edición. Esta mañá, en Vigo, celebrouse na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra un encontro ao que asistiron 19 empresas desta provincia. 

A xornada comezou coa intervención de María Coutinho, subdirectora xeral de Relacións Laborais, que presentou os detalles do programa e destacou a necesidade de crear unha conciencia responsable nas empresas, para aumentar a súa competitividade e eficacia. 

A subdirectora xeral recordou tamén que o prazo para participar na segunda edición de Responsabilízate continúa aberto e que se pechará cando se acade o número máximo de empresas segundo a dispoñibilidade orzamentaria

Ao igual que na xornada celebrada onte na Coruña, contouse coa colaboración de participantes na primeira edición. Nesta ocasión, Mariña Bello, de Tee Travel, Mª Jesús Otero, de Naviera Illa de Ons SL, Susana Pérez, de Infi Consultores; e Jessica Fernández, de S4 Solucións Aseguradoras, foron os encargados de relatar as súas experiencias no seu paso polo programa. Os participantes nesta mesa redonda tamén destacaron actividades responsables levadas a cabo polas empresas. Algunhas destas iniciativas, como Camino Clean ou o Concerto solidario, xa están incluídas no banco de ideas que está a disposición das empresas galegas. 

Desde RSE Xunta de Galicia queremos agradecer o interese de todas as empresas asistentes polo programa Responsabilízate e a responsabilidade social empresarial, así como a colaboración dos participantes na anterior edición. Recordamos que todos os interesados en participar na segunda edición deberán tramitar a súa solicitude de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén recordamos que o programa Responsabilízate é só unha das accións que se realizan desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria, que fomenta a responsabilidade social empresarial con incentivos como as axudas para a implantación da RSE, a igualdade e a conciliación laboral e persoal, cuxo prazo para as solicitudes remata hoxe xoves, 28 de xuño.