A Xunta lanzará no mes de setembro unha formación para combater a fenda salarial

A Xunta lanzará no mes de setembro unha formación para combater a fenda salarial

Imprimir Email
(0 votos)

Ferramentas como o protocolo contra o acoso sexual, a elaboración dun plan de igualdade dentro da empresa e o rexistro salarial do persoal da mesma son fundamentais para combater a discriminación salarial e a fenda de xénero dentro dos lugares de traballo. Así o expuxo a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, na súa intervención nun acto organizado pola Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas (Aedipe) sobre rexistro retributivo, auditoría salarial e plan de igualdade nas pequenas e medianas empresas.

As auditorías dos plans de igualdade poden ofrecer ás empresas melloras en xustiza social, contribuíndo a crear contornas laborais máis xustas coas mulleres traballadoras. Para contribuír con este obxectivo, a Xunta de Galicia lanzará o vindeiro mes de setembro un seminario web para explicar os requisitos esixidos pola administración para os plans de igualdade no entorno laboral, de acordo ás obrigas recollidas no recente desenvolvemento regulamentario da Lei de igualdade de oportunidades do 2007.

O goberno galego, comprometido coa igualdade laboral

Na súa intervención, Mancha explicou varias das medidas que a Xunta de Galicia xa adoptou en relación ao fomento, formación e sensibilización na igualdade laboral. Dentro das mesmas atopamos a formación para facilitar a negociación dos plans de igualdade ou unha liña específica de axudas económicas para pemes e micropemes, pensada para que o tecido produtivo da nosa comunidade poida afrontar os gastos derivados da elaboración e implantación destes plans, así como a incorporación de medidas de conciliación e corresponsabilidade e o teletraballo.

Así mesmo, lembramos a existencia do sitio web www.aigualdadelaboral.gal, onde todas as persoas interesadas poderán atopar información actualizada sobre esta materia, así como as actividades que administración leva a cabo en relación á mesma.

Por último, desde RSE Xunta de Galicia, lembramos que, en liña coa Estratexia Galega de RSE, difundiremos todos os detalles da formación do próximo setembro, así como o resto de iniciativas tanto na nosa web coma nas nosas redes sociais.