A cuarta edición da formación básica en materia de igualdade laboral xa abriu o prazo para realizar as inscricións. Este curso, impulsado pola Consellería de Emprego e Igualdade, celebrarse entre o 8 e o 29 de xuño e terá unha duración total de 8 horas.
Con tres módulos impartidos a través dunha plataforma de teleformación, que estará operativa durante as datas sinaladas, o alumnado terá acceso á carta aos contidos e poderá realizar preguntas que serán contestadas polas titoras a través desta mesma plataforma. Tamén se dará acceso ás presentacións e documentación empregada durante o curso para a súa consulta.
Programa
- Módulo I
- Referencia breve a normativa reguladora (Lei de igualdade, reforma do ano 2019 e RD 901 e 902/20)
- Que é un plan de igualdade
- Obrigatoriedade e voluntariedade na negociación de plans de igualdade
- Determinación do número de persoas que compoñen o cadro de persoal
- Prazos para levar a cabo a negociación
- Comisións Negociadoras
- Competencias das Comisións Negociadoras
- Procedemento de negociación
- Dereitos e obrigas das persoas negociadoras
- Módulo II:
- Contidos dos Plans de igualdade. A diagnose. Contido mínimo
- Vixencia e duración
- Seguimento e avaliación. A importancia do seguimento
- Revisión do Plan o Rexistro
- Práctica sobre un plan real
- Módulo III:
- Igualdade retributiva. Rexistro salarial e auditoría salarial
- Principio de transparencia retributiva
- Obriga de igual retribución por traballo de igual valor
- Normas xerais sobre o rexistro retributivo
- Rexistro retributivo nas empresas con auditoría retributiva
- Concepto de auditoría retributiva
- Contido de auditoría retributiva o Valoración de postos de traballo
- Alcance da tutela administrativa e xudicial
- O protocolo de prevención de acoso sexual e por razón de sexo
Inscricións
O prazo para anotarse remata o 1 de xuño e as prazas son limitadas. En caso de superar o aforo, a todas as persoas interesadas seralles comunicada a posibilidade de participar na seguinte edición. Podes inscribirte no formulario que atoparás aquí.