As empresas Responsabilízate de Pontevedra e Ourense participan nunha sesión formativa

As empresas Responsabilízate de Pontevedra e Ourense participan nunha sesión formativa

Imprimir Email
(0 votos)

A formación presencial das pemes participantes no programa Responsabilízate rematou coas xornadas celebradas nas provincias de Pontevedra e Ourense. Na sesión da mañá, 38 persoas de 29 empresas acudiron á sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra

A actividade da tarde, na Confederación Empresarial de Ourense, comezou coa intervención da Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús. A Secretaria Xeral deu a benvida ás 9 persoas participantes e explicou as medidas que se están a impulsar desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria para fomentar a responsabilidade social empresarial. Toca tamén destacou a importancia de apostar pola conciliación e a calidade no traballo, para crear empregos que proporcionen estabilidade e benestar ás familias galegas. 

Ao igual que nas celebradas anteriormente na Coruña e Lugo, as xornadas contaron coa participación activa dos asistentes, que amosaron interese e implicación nos exercicios propostos. Ademais de repasar os contidos teóricos correspondentes, familiarizáronse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e puxeron en común medidas que se poden adoptar para acadar os obxectivos da Axenda 2030. Ademais, tiveron a oportunidade de expoñer as boas prácticas que xa están levando a cabo, así como compartir as súas ideas e experiencias para coñecerse e valorar as posibilidades de alianzas no futuro. 

A sesión rematou coa posta en común de aspectos clave da responsabilidade social, para entender que é unha materia que forma parte da estratexia da empresa, que esixe compromiso, implicación, coherencia e a medición da evolución.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables - dert hattı

agario - - betebet betebet