Axenda

Taller de formación presencial segunda edición de Responsabilízate - Pontevedra

O vindeiro xoves 29 de novembro terá lugar en Vigo un dos talleres de formación presencial da segunda edición de Responsabilízate. Esta sesión é exclusiva para as empresas participantes nesta convocatoria do programa. 

A xornada terá lugar en horario de mañá na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (García Barbón, 104, Vigo).

O programa da actividade será o seguinte:

10:00 - Recepción e benvida

10:20 - Bloque I

Contido teórico: Orixe global dos grandes desafíos RSE. Informe dos obxectivos de desenvolvemento sustentable 2018 ONU. Axenda 2030.

Actividade práctica: E que podemos facer desde as pemes? Embaixadores RSE desde España ante a ONU.

11:00 - Bloque II

Contido teórico: O que se fai desde España e ben en liña co Pacto Rede Española.

Actividade práctica: 

  • Análise de boas prácticas de empresas españolas do Pacto Mundial Rede Española.
  • Temas para a reflexión. Análise de voces propias.

11:40 - Café networking

12:00 - Bloque III

Contido teórico: Entón, que é a RSE? Que están a facer e como o están facendo as pemes en España? Coñecen os grupos de interese? Saben da importancia do seu coñecemento?

Actividade práctica: Eu xa so RSE e voucho a contar.

13:00 - Bloque IV

Contido teórico: Que é planificar a RSE e para que me serve? Que son obxectivos SMART? Que son indicadores KPIs? Que máis podo chegar a saber para sacar partido dun plan de acción RSE?

Actividade práctica: Mentoring en networking: "Cóntame e axúdoche a mellorar desde a miña experiencia/coñecemento".

13:45 - Conclusións e peche da sesión.