Descrición
O compromiso coa RSE de Promove, unha das empresas recoñecidas co Premio RSE Xunta de Galicia no ámbito de conciliación e igualdade, acompáñaos desde o comezo. Agora transmiten os seus valores a outras persoas emprendedoras, comunicando que outra forma de facer empresa é posible.
Saben que os recursos humanos son o activo máis importante da empresa e, co obxectivo de promover o benestar do equipo e a súa felicidade no ámbito empresarial, familiar e persoal; esta consultoría adaptou o traballo ás circunstancias persoais e familiares de cada un dos empregados e impulsou unha contorna agradable para xerar unha relación de confianza e colaboración entre as persoas que forman parte dela.
Aplicando os conceptos de empatía, solidariedade, confianza e responsabilidade no seu día a día, xunto con medidas clave, como flexibilidade horaria e espacial e traballo por obxectivos, acadaron a súa meta.
Impacto
Aumentou a calidade de vida profesional e persoal dos seus traballadores, o que repercute na calidade dos proxectos que están a desenvolver. Tamén se promoveu a fixación das persoas no territorio e o coidado de fillos e persoas dependentes. Por tanto, estas medidas non só favoreceron ao equipo, senón tamén á súa contorna, posto que a flexibilidade laboral permitiulles ter unha vida persoal máis activa, permitíndolles implicarse en maior medida nas actividades da familia e a comunidade.
Empresa: Promove
Tamaño: 3 empregadas
Sector: Consultoría
Web: http://promoveconsultoria.com/


S4 é unha empresa cun claro obxectivo: mellorar a sociedade na que vivimos a través do seu traballo. Por iso, organiza dende o ano 2012 o Concerto Solidario "Por eles", coa fin de recadar fondos e doalos integramente a unha organización sen ánimo de lucro.
O Indupanel Dakar Team, equipo oficial do rally Dakar 2018, participou nunha inciativa solidaria nas rexións de Puno (Perú) e Salta (Arxentina), onde doou unha decena de equipos informáticos con fins educativos a 7 escolas locais. 
