A edición española do Give & Gain, a Semana do Voluntariado Corporativo, acadou un grande éxito debido á participación de máis de 2.200 empregados de 80 empresas e á colaboración de máis de 90 organizacións, beneficiando a 20.000 persoas, ademais de espazos naturais. Esta iniciativa, organizada por Forética á que a Xunta de Galicia brinda o seu apoio dentro do seu compromiso coa responsabilidade social empresarial, consolídase así como referencia a nivel internacional no ámbito do voluntariado corporativo e da acción solidaria dos empregados, xa que neste 2018 conseguiu o dobre de beneficiarios e voluntarios respecto á edición anterior.
Este ano, o Give & Gain centrou os seus esforzos en axudar a persoas en risco de exclusión e fomentar a protección do medio ambiente. Nas súas oito edicións españolas, participaron en total máis de 11.000 voluntarios de 400 empresas, con máis de 500 organizacións, que axudaron a máis de 83.000 persoas.
En palabras de Germán Granda, director xeral de Forética, "un ano máis o Give & Gain superou as expectativas e incrementou o seu alto impacto grazas á implicación das empresas e organizacións participantes". Pola súa parte, Marisol García, directora xeral de Hazloposible, establece que "observamos unha aceleración en canto ao número de empresas que queren incorporar voluntariado corporativo na súa RSE, o que se evidencia tamén nas excelentes cifras de participación e impacto do Give & Gain".
Aquí tes unha selección das mellores imaxes da semana e podes desfrutar da gravación completa do acto de presentación na súa canle de Youtube.