A Xunta de Galicia colabora con Forética na VIII Semana do Voluntariado Corporativo

A Xunta de Galicia colabora con Forética na VIII Semana do Voluntariado Corporativo

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta de Galicia, dentro do seu compromiso coa responsabilidade social empresarial, brinda o seu apoio á VIII edición do Give & Gain, a Semana do Voluntariado Corporativo e da Acción Solidaria dos empregados, organizada por Forética, asociación de empresas e profesionais da responsabilidade social empresarial líder en España e América Latina.

Co obxectivo de xerar o maior impacto posible na mellora das condicións de vida das comunidades máis vulnerables, acaba de abrirse a convocatoria para participar nesta edición, que terá lugar do 19 ao 29 de abril, e se consolida como a iniciativa internacional de voluntariado corporativo de referencia. 

A participación pode realizarse a través de dúas vías: "Á túa medida", mediante actividades organizadas directamente por Forética en colaboración con diferentes ONG, e "Á túa maneira", á que calquera organización que desenvolva actividades de voluntariado corporativo entre os días que se celebra a iniciativa pode sumarse cumprimentando o seguinte formulario.

Todas as empresas interesadas en formar parte poden contactar con Forética mediante o correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou o teléfono 91 522 79 46. 

Máis información sobre esta iniciativa e as súas edicións anteriores nesta ligazón