A enquisa en liña impulsada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Consellería de Emprego e Igualdade, coa colaboración do Centro de Estudos da Empresa: Responsabilidade Social e Competencia (CERGI) da Universidade de Santiago de Compostela, vén de ampliar o prazo de participación para todas aquelas persoas interesadas en colaborar na elaboración do XIV Informe sobre o estado da responsabilidade social empresarial en Galicia.
A enquisa manterase aberta ata o vindeiro 30 de setembro. Para participar, preme nesta ligazón.
Lembramos que o obxectivo desta enquisa é avaliar o estado actual da RSE na xestión das empresas galegas en 2019 e 2020, de xeito que os resultados que ofreza a enquisa servirán non só para mellorar as políticas de fomento da responsabilidade social desde a Xunta de Galicia, senón que permitirá ás organizacións galegas a coñecer o grao de desenvolvemento desta materia na nosa comunidade, sendo útil no deseño das políticas empresariais.
Para calquera dúbida, podes escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.l.