O vindeiro xoves, 10 de xuño, remata o prazo para a solicitude da convocatoria de 2021 do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), un incentivo dirixido a pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras de Galicia en liña coa Estratexia Galega de RSE, que busca unha Galicia máis responsable e competitiva.
Lembramos que esta orde de subvencións está estruturada en tres liñas e que, no caso de solicitar máis de unha, deberán formalizarse por separado:
- Liña I: Elaboración e implantación de plans de igualdade
- Liña II: Conciliación:
- Incentivos para o fomento do teletraballo
- Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria
- Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo
- Liña III: Certificacións de RSE
Así mesmo, tamén recordamos que o mínimo de persoas traballadoras coas que deben contar as empresas solicitantes son 6, a excepción da Liña I, onde se establece un mínimo de 15 e un máximo de 100 traballadores. O resto de requisitos que deben cumprir as empresas pódense consultar no artigo 5 da orde publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de maio de 2021.
Podes consultar a convocatoria completa nesta ligazón.
A información sobre a corrección de erros, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de maio de 2021, está dispoñible aquí.