O vindeiro martes, 17 de decembro, celebrarase unha xornada de presentación de resultados do Proxecto GEMCAT. Este evento, que terá lugar no Hotel Barceló de Ourense, incluirá a entrega de galardóns da terceira edición dos Premios Transfronteirizos GEMCAT, na que un total de oito empresas serán recoñecidas polo seu labor en materia de conciliación e/ou igualdade.
Ademais da Xunta de Galicia, contarase con representación do resto de entidades que forman parte deste programa: a Junta de Castilla y León, a Junta de Extremadura, a Universidade do Porto, CIM Alto Minho e a Cámara Municipal de Braga, que darán a coñecer os logros das actividades realizadas no marco deste proxecto, que xira arredor da responsabilidade social empresarial, a demografía, a conciliación e o diálogo social.
O programa da xornada é o seguinte:
Foro Anual de Diálogo Social Transfronteirizo:
09.15 horas - Recepción
10.00 horas - Benvida. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego
10.30 horas - Presentación: resultados das mesas de diálogo social no sector téxtil. Alexandrina Monteiro, CIM Alto Minho
11.00 horas - Mesa redonda: participantes das mesas de diálogo social transfronteirizo no sector téxtil. Participan: representantes de CIG, UGT Galicia, CC.OO. Galicia, CEG, ACT, IEFP, CGTP, UGT Portugal, AEP e CEVAL. Modera: María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais.
12.00 horas - Clausura do Foro de Diálogo Social. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria
12.30 horas - Café networking
13.00 horas - Clausura
Entrega de galardóns. Terceira edición dos Premios GEMCAT:
13.00 horas - Mesa redonda: boas prácticas en materia de conciliación e igualdade. Participan: empresas da comunidade autónoma de Galicia, do norte de Portugal, da comunidade autónoma de Castela e León e da comunidade autónoma de Estremadura. Modera: representante da Universidade do Porto
13.45 horas - Entrega de premios:
Mellor iniciativa de conciliación laboral e familiar:
Norte de Portugal: Blisq Creative, LDA
Comunidade autónoma de Galicia: PS Vet Dairyquality, S.L.
Comunidade autónoma de Estremadura: Grupo Data Cumplimiento Normativo, S.L.
Comunidade autónoma de Castela e León: Grupo Itevelesa, S.L.
Mellor iniciativa en igualdade de oportunidades:
Norte de Portugal: Inno-Serviços Especializdos em Veterinária, LDA
Comunidade autónoma de Galicia: Dielectro Industrial, S.A.U.
Comunidade autónoma de Estremadura: Gran Hotel Don Manuel, S.L.
Comunidade autónoma de Castela e León: Comercial Hispanofil, S.A.U.
14.15 horas - Clausura dos premios. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego
14.30 horas - Comida netwoking
Presentación de resultados do proxecto GEMCAT:
16.15 horas - Presentación: actividades realizadas no marco do proxecto GEMCAT. Representantes das entidades socias do proxecto GEMCAT (Xunta de Galicia, Junta de Castela e León, Junta de Estremadura, Universidade do Porto, CIM Alto Minho e CM Braga)
16.45 horas - Proxección do vídeo de resumo do proxecto
17.15 horas - Clausura da xornada de peche do proxecto GEMCAT. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego
17.30 horas - Café de despedida
Participación
Esta xornada está aberta ao público. Se desexas asistir, deberás confirmar a túa asistencia cubrindo o formulario que atoparás nesta ligazón. Podes descargar o programa completo en PDF aquí.