A RSE-Innolab galega pon en marcha os seus servizos de mentorizaxe e formación

A RSE-Innolab galega pon en marcha os seus servizos de mentorizaxe e formación

Imprimir Email
(0 votos)

A RSE-Innolab, presentada recentemente en Vigo, está a poñer en marcha os seus servizos de mentorización e formación. Así, a través desta oficina de asesoramento en materia de responsabilidade social empresarial, a Xunta de Galicia promove o diálogo e o traballo colaborativo das empresas galegas.

Mentorizaxe

Con este programa procúrase a inclusión da responsabilidade social empresarial nas pemes que teñan a súa sede no espazo transfronteirizo e/ou que teñan actividade transfronteiriza mediante o impulso de proxectos piloto titorizados por persoal experto. 

Tamén existirá un programa dirixido ao persoal directivo das pemes, cun servizo de apoio e asesoramento totalmente personalizado, para o deseño de proxectos piloto de responsabilidade social empresarial con impacto na xeración de emprego de calidade.

Este programa de mentorizaxe estará dividido en dúas fases:

  • Diagnose en materia de RSE.
  • Plan de acción e implantación das primeiras medidas.

Todos os interesados poden inscribirse nesta ligazón.

Formación

Outro dos servizos da RSE-Innolab é a formación especializada, a través de programas formativos sobre a RSE, dirixida aos diferentes colectivos das empresas, a cal dotará a todos os participantes do coñecemento e as ferramentas para desenvolver con éxito un modelo de negocio competitivo e sustentable, a través de información actual, práctica e rigorosa. 

As formacións previstas neste momento son as seguintes: 

  • Do 10 de abril ao 4 de maio: "Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización"
  • Do 8 de maio ao 15 de xuño: "A xestión da RSE. Materia pendente"
  • Do 10 de maio ao 8 de xuño: "Xestión estratéxica para a sustentabilidade desde o enfoque da economía circular"
  • Do 11 ao 20 de xullo: "Economía circular aplicada á empresa: rexenerativa por deseño"
  • Do 1 de agosto ao 7 de setembro: "Xestión do deseño para unha economía circular"
  • Do 21 de agosto ao 4 de setembro: "Habilidades de creación de accións RSE"
  • Do 24 de agosto ao 17 de setembro: "A túa imaxe RSE como carta de presentación"
  • Do 11 de setembro ao 3 de outubro: "RSE: motor rendible de cambio (igualdade, conciliación, diversidade, felicidade, prevención efectiva da PRL…)"

Todos os interesados poderán atopar información máis detallada de cada curso na web da RSE-Innolab e na axenda da web de RSE Xunta de Galicia.

Lembramos que a oficina da RSE-Innolab galega atópase da sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Avda. García Barbón, 104, Vigo) e que poden contactar cos seus responsables a través do teléfono 664 607 330 ou o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..