A Xunta presenta a súa oficina de asesoramento en materia de responsabilidade social

A Xunta presenta a súa oficina de asesoramento en materia de responsabilidade social

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta de Galicia vén de presentar en Vigo a RSE-Innolab, unha oficina de apoio en materia de responsabilidade social empresarial, enmarcada dentro do proxecto GEMCAT "Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo".

Nesta xornada de lanzamento, Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, sinalou o papel que as empresas, a administración e a sociedade teñen no camiño pola responsabilidade social empresarial galega, para acadar un emprego de calidade. Toca tamén destacou que a Xunta de Galicia conta cunha folla de ruta moi clara ao respecto e fixo referencia á nova Estratexia Galega de RSE, a través da que se promove o diálogo e o traballo colaborativo entre este organismo e as empresas galegas. Finalmente, fixo referencia á necesidade dun cambio de actitude para mellorar e avanzar cara un tecido empresarial máis responsable, sustentable e igualitario.

Pola súa parte, a Subdirectora Xeral de Relacións Laborais, María Coutinho Villanueva, explicou o funcionamento desta nova oficina e expuxo en detalle todos os seus servizos, como a formación especializada, a mentorización ou a titorización e asesoramento. Coutinho sinalou tamén que a RSE-Innolab ten o obxectivo de crear un marco propicio para o intercambio de experiencias e estratexias das empresas galegas, para aumentar así a visibilidade e a difusión da responsabilidade social en Galicia.

Por último, trala introdución da titora do programa, os representantes das máis de 60 empresas asistentes, tiveron a oportunidade de participar na dinámica de grupo Photocall RSEmpresarial, onde ademais de intercambiar experiencias, desenvolveron a súa creatividade ideando solucións e iniciativas responsables.

RSE-Innolab

Esta oficina de asesoramento conta con persoal especializado en RSE que se encargará, ademais de titorizar ás empresas, estudar as boas prácticas que fosen exitosas e sexan de fácil implantación nas empresas de Galicia. 

Está dirixida a todas aquelas empresas e persoas traballadoras autónomas que se atopen no ámbito territorial do proxecto GEMCAT, é dicir, Galicia, Estremadura, as provincias de León, Zamora, Valladolid, Salamanca e Ávila de Castela e León e a Rexión Norte de Portugal. 

Todos aqueles interesados poden solicitar información achegándose á súa sede física na Confederación de Empresarios de Pontevedra, escribindo ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo./" target="_blank">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 664607330.