Xeración Responsable

Qué é Xeración Responsable?

Xeración Responsable é unha iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover a responsabilidade social nas persoas mozas.

Desde 2017, Xeración Responsable, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, imparte en centros educativos sesións de formación para explicar ás novas xeracións que é e que significa ser responsable.

Todo isto aproveitando o potencial das novas tecnoloxías e as redes sociais, para crear comunidade, para axudarlles a entender como ser cidadáns responables lles pode axudar a construír unha comunidade máis sustentable.

Como se desenvolve o proxecto?

A través de talleres prácticos, de aproximadamente 50 minutos de duración, os mozos e mozas reflexionan sobre estes temas mediante preguntas, exemplos ou xogos de situación. O contido sobre o que se traballa baséase nos 17 ODS, de maneira que se traballa sobre unha ampla diversidade de temas. A partir de noticias e contidos reais, o alumnado elixe e responde a cuestións que xerarán un debate e lles permitirá desenvolver o seu propio coñecemento sobre o ODS asociado.

Desta maneira, como resultado obtense tamén información sobre que temas preocupan ás mozas e mozos participantes, para poder profundar despois nas aulas e ofrecer soporte.

Como norma xeral, inclúese un apartado transversal a todas as aulas, enfocado no ODS5: igualdade de xénero. Considérase importante aproveitar a oportunidade de concentrar aos mozos para transmitir a necesidade de tratar este tema, a realidade existente e que poden facer. 

 

 

Obxectivos
  • Concienciar sobre os retos actuais da sociedade e como afrontalos desde unha perspectiva responsable.
  • Xerar debate, espertar a curiosidade no alumnado cara cuestións que son transversais aos seus estudos e que lle servirán no súa futura actividade profesional.
  • Aproveitar o potencial da RSE para convertelo en valores, en conceptos comprensibles e atractivos para a xuventude.
  • Dar a coñecer que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e as súas implicacións ás novas xeracións.

Resultados

Durante a primeira fase do proxecto, desenvolvida en novembro de 2017, un total de 200 alumnas e alumnos participaron nos talleres desenvolvidos no marco de Xeración Responsable nas catro provincias galegas. Os niveis educativos cos que se traballou son 2º ciclo de E.S.O, 2º ciclo de bacharelato e ciclos formativos.

A posta en práctica da iniciativa obtivo resultados positivos, manifestado tanto pola implicación do alumnado como pola acollida dos propios centros.

Galería de imaxes

Noticias