“Responsabilízate cumpriu as nosas expectativas e serviu para concienciarnos de moitas cousas”

“Responsabilízate cumpriu as nosas expectativas e serviu para concienciarnos de moitas cousas”

Imprimir Email
(0 votos)

Caruncho, Tomé & Judel é un despacho de avogados e asesores fiscais na Coruña. Participantes na primeira edición do programa Responsabilízate, fan unha excelente valoración do programa. Falamos con Iago Pereiró Díaz, responsable do departamento laboral.

Cales foron os motivos de Caruncho, Tomé & Judel para participar na primeira edición de Responsabilízate?

Cando coñecemos o programa, vímolo como unha solución ás inquietudes que viñamos amosando en materia de RSE e a súa aplicación práctica nunha empresa coma a nosa, encadrada no sector dos servizos xurídicos e o asesoramento. 

Que esperaban do programa? Cumpriu as súas expectativas?

Era unha cuestión de ver que se podía mellorar na empresa, que podiamos poñer a disposición tanto da xente que traballa aquí como dos clientes e dos nosos provedores para que se puidese facer unha labor conxunta que redundase nun beneficio para todos. E, sen dúbida, cumpriu as nosas expectativas e serviu para concienciarnos de moitas cousas. 

Responsabilízate inclúe unha fase de diagnose e formación e tamén a elaboración dun plan de acción específico para cada empresa. Hai algún aspecto dos servizos que lles gustaría destacar?

Creo que o que máis nos marcou foron as facilidades que se nos deron en todo momento, sobre todo por parte da nosa titora. Tamén como podiamos plasmar no noso día a día conceptos que na formación parecen moi globais. 

Tras o seu paso polo programa, que accións de RSE están aplicando na empresa?

Aparte das medidas de comunicación que levamos a cabo, porque estamos bastante posicionados en redes sociais e en todo tipo de comunicacións ao exterior, tamén temos en conta pequenos detalles do día a día, a reciclaxe ou medidas de conciliación, como unha maior flexibilidade nos horarios de entrada e saída. Son cuestións que nos resultan máis fáciles agora que xa coñecemos a RSE.

Cren que poderían ser un referente para as empresas do sector?

Gustaríame que fósemos, máis que un referente, unha especie de mostra para que no sector se animen a dar este paso. 

Por último, recomendarían o programa a outras empresas? Por que?

Por suposto que o recomendaríamos. Encantounos participar e animamos ao resto de empresas a que o fagan. 

Unha empresa Responsabilízate
  • Empresa: Caruncho, Tomé & Judel 
  • Provincia: A Coruña
  • Sector: Servizos xurídicos e asesoría
  • Número de traballadores: 6 traballadores no réxime xeral ademais de profesionais autónomos
  • Obxectivo con Responsabilízate: Achegarnos a ese concepto da responsabilidade social e ver que posibilidades tiñan nunha empresa do sector de servicios xurídicos coma a nosa. 
  • Valoración do programa: Sobresaliente.