A Xunta continúa respaldando a consolidación e avance nas distintas áreas empresarias. Así opresidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a nova estratexia do sector lácteo para impulsar a I+D+i e a profesionalización desta industria, co obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia.
Unha aposta pola mellora do sector ligada á Responsabilidade Social Empresarial a desenvolver no sector a través de cinco eixes: produción, industria, mercados, cadea de valor, formación e innovación.
Así mesmo, no eido da I+D+i e da profesionalización da industria, o presidente da Xunta destacou melloras na formación no referido á tecnoloxía industrial, loxística e seguridade alimentaria; e o impulso dun proxecto de investigación do sector coas universidade para reducir a pegada de carbono.
Logo de lembrar que esta estratexia forma parte do Plan de reactivación e dinamización do rural, que xerará un impacto económico de máis de 560 millóns de euros, o responsable do Goberno galego destacou o compromiso deste grupo co rural, reflectido nas máis de 450 explotacións coas que traballan: “Tenacidade, esforzo e inconformismo son as cualidades que definen a esta empresa”, concluíu.