Aberta ata o 30 de outubro a convocatoria do premio en Desenvolvemento Sustentable da Cátedra Hijos de Rivera- UDC

Aberta ata o 30 de outubro a convocatoria do premio en Desenvolvemento Sustentable da Cátedra Hijos de Rivera- UDC Destacado

Imprimir Email
(0 votos)

A Cátedra Hijos de Rivera- UDC ten aberto ata o 30 de outubro o prazo para presentar as candidaturas para participar na primeira edición do premio á Mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sustentable en torno a este tema e que supoña un avance significativo no coñecemento neste eido. Haberá un único premiado que recibirá 5.000 euros.

 

A cátedra

O premio forma parte da iniciativa da unión da Universidade da Coruña e Estrella Galicia que impulsan a Cátedra Hijos de Rivera- UDC de Desenvolvemento Sustentable. Una acción formativa que leva a cabo accións de formación, divulgación, transferencia de coñecemento e de investigación en temas de interese para ambas partes. Unha conexión ten como obxectivo lograr un mellor desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial.

Unha iniciativa que resposta ao compromiso da compañía co seu entorno e a súa vinculación coa agricultura, orixe do 100% das materias primas.

O principal obxectivo da Cátedra e explorar modelos innovadores e disruptivos que garanten o equilibrio entre competitividade económica, respecto ao medio ambientes e avance social. Todo isto levárase a cabo a través de accións de investigación, encontros entre distintos actores interesados, seminarios sobre experiencias e modelos de transformación socioeconómica.