A RSE máis preto das explotacións agroalimentarias coas certificacións de calidade e medioambientais Destacado

Imprimir Email
(0 votos)

A Responsabilidade Social Empresarial está presente nas empresas do sector agroalimentario a través da mellora nas súas instalacións, e dos recursos para os traballadores. A unión de ambas caracteristicas xeran un valor engadido ao sector, sacando un maior rendemento e coa optimización dos recursos.

 

Así se desenvolves o teu traballo neste área recorda que o 15 de outubro dará comezo a primeira edición do curso "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificación de calidade e medioambientais". Unha formación que dura 70 horas e que tamén pódese desenvolver en liña. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou completando este formulario.

 

O curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” busca promover as oportunidades que a economía social e a  implantación destas certificacións supoñen para modernizar as explotacións agroalimentarias.

 

Consta de 3 unidades didácticas:  Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBAL  GAP,  BRC/ IFS e certificacións de vacún de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica). En total, ofrécense 70 horas de formación que poden ser cursadas  online dende o 15 de outubro ata o 6 de novembro.

 

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.