Sesenta expertos asesorarán aos autónomos e pemes para adaptarse as novas circunstancias Destacado

Imprimir Email
(0 votos)
A Responsabilidade Social Empresaria sempre implica a constante adaptación, e na actualidade este desenvolvemeto é aínda máis preciso.
 
 
Atendendo a estas necesidades e co obxectivo de axudar aos autónomos e pemes as Xunta contará con 60 expertos e consultores especializados que se suman ao equipo técnico do Igape para apoiar, asesorar e formar aos autónomos, comercios e empresas galegas. Forman parte do Igape Responde, o programa da Xunta que vén de activar unha liña de asesoramento gratuíto para facilitar a este colectivo a posta en marcha de medidas de acción inmediata.

O mércores 23 terá lugar o primeiro dos encontros dixitais que inclúe esta liña. Baixo o título Como pode axudar o programa Igape Responde á miña empresa?, o webinario informará dos apoios que ofrece. Así, a través da páxina web responde.igape.es, o tecido empresarial galego pode acceder a 14 tipos de medidas diferentes, que se implementan de xeito rápido nun prazo de dúas semanas. O soporte inclúe ademais un seguimento posterior dun mes cunha intensidade de 25 horas de consultaría personalizada por beneficiario.

Os expertos ofrecerán asesoramento en diferentes ámbitos: financiamento, negocio, operacións e persoas. No primeiro caso, as empresas poderán replanificar as súas débedas comerciais, buscar financiamento, xestionar cobros e operacións comerciais ou planificar as obrigacións fiscais. Pola súa banda, as medidas para implantar no eido do negocio ofrecen a posibilidade de reconfigurar a oferta comercial, conseguir a promoción en rede ou incluso reorientar o negocio.

A liña inclúe un terceiro ámbito de soporte, o de operacións, que axuda a implantar o teletraballo, prestar servizos en liña ou acometer unha reorganización operativa. E mediante as iniciativas relacionadas co eido das persoas será posible reter os equipos e motivalos, acometer unha planificación laboral ou fortalecer as competencias para o novo escenario económico.

Ademais, ofrécese asesoramento de carácter xeral, orientado ás empresas que necesiten definir unha combinación de medidas de varios tipos para minimizar o impacto da pandemia no seu negocio. Entre outros resultados, as compañías poden atopar novas fontes de ingresos, captar e fidelizar novos clientes ou manter os servizos en remoto.

Xunto co asesoramento do equipo técnico do Igape e os expertos dispoñibles, a liña achegará, de xeito periódico, ás empresas e os autónomos boletíns e vídeos informativos, webinarios e respostas ás preguntas e dúbidas máis formuladas por eles.

O Igape Responde enmárcase no Plan de reactivación económica que desenvolve o Goberno galego para acompañar ao tecido empresarial no novo contexto económico xerado pola covid-19. Este programa inclúe tamén outra liña de atención directa a consultas empresariais e o novo programa ReAcciona, deseñado nesta edición para responder á nova situación co obxectivo de que as persoas autónomas, os comercios e as empresas galegas manteñan e fortalezan a súa actividade.

 

Consulta máis información na web do Igape