Ferrol acolle desde mañá as XVI Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde 

Ferrol acolle desde mañá as XVI Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde 

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta de Galicia, xunto coa Asociación de Graduados Sociais de Ferrol e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, organiza as XVI Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde, que se celebrarán no Campus de Esteiro de Ferrol os días 25, 26 e 27 de abril. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, será a encargada de inaugurar a primeira xornada.

Estas xornadas  xirarán ao redor da prevención de riscos laborais (PRL), da que se fará unha evolución nos últimos 30 anos, desde 1987 a 2017. As temáticas principais desta edición serán os dereitos sociais, o emprego xuvenil e a innovación tecnolóxica na PRL. Tamén se falará da empresa saudable e a responsabilidade social. As conferencias estarán a cargo de diversos profesores da UDC especializados en relacións laborais, representantes de sindicatos (UGT, CCOO, CIG) e outras entidades como as mutuas Asepeyo, Mutua Gallega, Fremap e MC Mutual.

As xornadas tamén contan coa presenza da Administración galega a través do Servizo Galego de Saúde e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Así, Nuria de Castro-Acuña, xefa do Servizo Central de Prevención de Riscos Laborais e Condicións de Traballo do Sergas, falará dos sistemas para a xestión e integración da PRL na sanidade galega. Pola súa parte, Adela Quinzá-Torroja, directora do ISSGA, presentará o plan de actividades do ISSGA para o ano 2017. 

Nesta ligazón pódese consultar o programa definitivo por días.