Oleiros acollerá un curso sobre xestión de riscos e oportunidades en clave RSE

Oleiros acollerá un curso sobre xestión de riscos e oportunidades en clave RSE

Imprimir Email
(1 Votar)

IFFE Business School e intheMove organizan o curso executivo "Xestión de Riscos e Oportunidades Empresariais desde a RSE" cos obxectivos de aumentar o coñecemento en RSE, en tanto esta é unha vantaxe competitiva para as empresas no mercado actual, así como de crear un espazo de networking onde compartir experiencias de éxito na materia. 

O curso vai dirixido a responsables de RSE, directivos de pequenas e medianas empresas, responsables da Administración ou entidades de economía social e consultores de diferentes áreas que queiran afondar na materia. O programa consta de catro módulos formativos: introdución á responsabilidade social nas empresas; creación de valor e beneficios da RSE; ferramentas para a xestión responsable, e rendición de contas a través das memorias de RSE. 

A metodoloxía do curso é fundamentalmente práctica co obxectivo de que as persoas participantes aprendan a implantar políticas de RSE nas súas propias entidades. Neste sentido, a formación inclúe a planificación dunha estratexia de RSE nunha organización, a identificación dos grupos de interese, a xestión da comunicación, a elaboración dun código ético, a valoración dos impactos económicos, ambientais e sociais máis relevantes para a empresa e, finalmente, a elaboración dunha memoria de RSE.

O curso, cunha duración de 40 horas presenciais, desenvolverase desde o 7 marzo ata o 6 de abril  na sede do Campus IFFE en Oleiros (A Coruña) os martes e xoves en horario de tarde. Máis información nesta ligazón