Galicia acolle a Xornada Corresponsables 2025, baixo o lema “20 anos do Anuario Corresponsables: aprendizaxes e retos para liderar a Sostibilidade”

Galicia acolle a Xornada Corresponsables 2025, baixo o lema “20 anos do Anuario Corresponsables: aprendizaxes e retos para liderar a Sostibilidade”

Imprimir Email
(0 votos)

Vigo acolle o vindeiro martes 23 de setembro, de 9:00 a 13:00h, en Sala de conferencias da Sede Afundación Vigo, a Xornada Corresponsables 2025.

Baixo o lema “20 anos do Anuario Corresponsables: aprendizaxes e retos para liderar a Sostibilidade”, a xornada reunirá a profesionais e organizacións referentes en Responsabilidade Social Empresarial (RSE), Sostibilidade e criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza), para compartir as súas iniciativas responsables e sostibles e reflexionar sobre as dúas décadas de evolución do sector e os desafíos que expón o futuro.

O evento está promovido pola Xunta de Galicia, conta co apoio de organizacións como Abanca, Femxa, Fundación Sifu, GadisaLactalis y Vegalsa-Eroski, así como coa colaboración de entidades como airCO2, Dircom, Dirse, Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ICSEM, I’TICS (Institución Turística Inclusiva Cultural Social), Red Española del Pacto Mundial, Tee Travel, Universidad de Santiago, Universidad de Vigo e Aporta Comunicación.

Consulta o programa aquí.

A xornada enmárcase dentro das actividades de celebración polo 20º aniversario de Corresponsables, medio de comunicación iberoamericano de referencia en sostibilidade, e consolídase como unha cita imprescindible para profesionais, académicos, empresas, administracións e entidades sociais comprometidas co desenvolvemento sostible.

Prazas limitadas. Inscríbete aquí.