Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”

Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”

Imprimir Email
(0 votos)

Acastrexa, o proxecto innovador de Paula Patiño na localidade coruñesa de Cambre, consolidouse como un Laboratorio de Arte Culinaria Gallego. Ofrece produtos como galletas de millo, bebidas froito-florais, marmeladas e conservas de verduras, destacándose polo seu compromiso coa sostibilidade e a calidade.  

Nun mercado cada vez máis consciente da importancia dos alimentos de proximidade e as prácticas ambientais responsables, Acastrexa conseguiu un recoñecido espazo. Patiño obtivo numerosas distincións nacionais, e conseguir o selo Responsabilízache da Xunta de Galicia, segundo ela mesma apunta, outorgaralle prestixio autonómico e a capacidade de seguir mellorando. Ademais, os diversos proxectos que nacen baixo o amparo de Acastrexa e a súa participación en programas de ecoturismo e responsabilidade social, non só promoven o desenvolvemento local, senón que tamén crean un impacto positivo na súa contorna. 

1.- Acastrexa é moito más que unha tenda de alimentos vexetais, como la define? 

Somos fabricantes. Definiríaa como un Laboratorio de Arte Culinaria Galega. 

2.- Que tipo de produtos podemos atopar? 

Moi variados, Galletas de millo, de ovo, snacks, sales aromatizados, bebidas froito-florais, de castaña, zume de mazá, cremas, aderezos, chutneys, marmeladas, mel crema aromatizada, conservas de verduras, e V gama, produtos que só necesitan rehidratación, sen enerxía para ser consumidos.  

3.- Nos últimos anos, aumentou o número de consumidores de alimentos máis sostibles. Que características teñen estes alimentos? 

Alimentos sostibles hai moi poucos. Para que os alimentos sexan sostibles hai que medir a súa trazabilidade de sustentabilidade desde a semente, e actualmente non se está facendo. Pero si hai un maior consumo de alimentos de proximidade, con boas prácticas ambientais e de tempada.  

Este tipo de produtos, cun mellor impacto no medio ambiente, contan con valores nutricionais máis elevados e teñen un poder de saciar alto e ao non conter químicos engadidos, son máis saudables.  

Hai outros aspectos que tamén son moi importantes e débense ter en conta, cando consumimos produtos locais contribuímos á creación de emprego e por tanto axudamos a fixar poboación.  Ademais, a súa produción mantén a paisaxe, coidan e protexen as nosas variedades locais e preservan a nosa cultura e tradicións.  

4.- Por que cree que aumentou o seu consumo?  

Parte da poboación é consciente de que unha alimentación saudable prevén moitas enfermidades a longo prazo. 

 

Os hábitos de consumo cambiaron e aínda que os alimentos sufriron unha alza nos seus prezos, hai unha porcentaxe de poboación que coida a súa saúde. 

5.- Que beneficios achega un negocio como o seu, con produto de proximidade á súa contorna? 

Isto é unha sinerxía, o privilexio de vivir dentro dunha Reserva da Biosfera (Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo), o que nos achega un perfil diferenciador dos alimentos que aquí se producen. 

O poder gozar de alimentos que son cultivados con tanto agarimo e ecolóxicos polos agricultores do territorio certificados, xa outorgan un produto de alta calidade. Ademais de crear indirectamente emprego, coidar a paisaxe e manter as variedades locais. 

A través do proxecto Alrisha, recuperamos a perda de alimentos da horta de Os Biosbardos, que traslada os nosos produtos por todo o planeta, cumprindo Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Ao ser un produto artesán certificado, coida dos oficios que están en perigo de extinción. A súa venda, consumo e divulgación sitúa ao territorio noutras localizacións, promovendo futuros turistas e demandantes de produtos. 

Tamén estamos na Guía de Excelencia de alimentos da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o que nos sitúan nun estándar de calidade moi diferenciada. 

Ao anterior sumamos dous recoñecementos da Unesco do programa Mab, (2021, 2022) que nos acreditan e distinguen como empresa Ambiental e en 2023 fomos premio Raíz 100% ao mellor produtor. Todo isto non se constrúe só, pero merece a pena. 

6.- A súa empresa tamén conta cunha parte de ecoturismo, de que maneira? 

Desde o 2019 somos unha empresa certificada en Ecoturismo polo SICTED e pertencemos ao Club de Ecoturismo de España, ademais, desde o 2023 o territorio conta coa distinción de Destino Startlight, e tamén participo como monitora de astroturismo 

Realizamos visitas ao laboratorio, talleres de cociña ou conservas en horta, noite máxica etc. Contribuímos xunto con Os Biosbardos á recuperación dun Bosque de Ribeira no Concello de Abegondo, realizamos visitas ao bosque, apadriñamento de árbores e visitas á plantación de mazás. Realmente tentemos moita actividade.  

7.- A principios de 2024 Acastrexa sumouse ao programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. Que lles motivou a elo? 

Desde o 2017 somos unha empresa certificada polo MAPAMA en sostibilidade da industria agroalimentaria española e o poder certificarnos en Galicia, achéganos recoñecemento a nivel autonómico, ademais de fortalecernos para mellorar. A sostibilidade conséguese día a día mellorando e realizando melloras tanto internas na empresa como externas. 

8.- Que medidas toma Acastrexa para minimizar o seu impacto medioambiental? 

Medimos cada unha das nosas accións, enerxética, hídrica, carbono en todos os nosos produtos. Contribuímos coa recuperación de especies autóctonas, plantamos árbores e flores e recuperamos Bosques de Ribeira. 

 

Os nosos restos orgánicos son transformados en compost para alimentar os terreos das hortas cultivadas, de feito, creamos composteiros de miñocas. 

Tamén temos acordos de colaboración con distintas empresas do territorio para recuperar plásticos e transformalos, dándolles outras vidas. O 99% das nosas materias primas proceden da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 

9.- Contan con algún plan en materia social? e de gobernanza? 

Como empresa sostible que somos contamos con diversos plans. 

En materia social, desde o 2022 traballamos voluntariamente coa Asociación Down Coruña no proxecto Ecofriendly e doamos alimentos fóra das datas típicas de reclamo.  

O proxecto de Acastrexa en si mesmo xa é un plan de gobernanza, as sinerxías e o asociacionismo que creamos con empresas e organizacións do noso territorio. 

10- Que lle achega formar parte deste programa? 

Claramente unha mellora no día a día, tomar decisións para ser cada día un pouco mellor.