Encontro Responsabilízate en Ourense: Sustentabilidade e Competitividade na empresa

Encontro Responsabilízate en Ourense: Sustentabilidade e Competitividade na empresa

Imprimir Email
(0 votos)

O martes 12 de marzo tivo lugar o segundo ENCONTRO RESPONSABILÍZATE sobre a SUSTENTABILIDADE E COMPETITIVADE NA EMPRESA en Ourense. Impulsado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, foi unha xornada aberta que virou ao redor da necesidade de impulsar a competitividade do tecido empresarial galego fronte ao reto de ser cada vez máis sostible ambiental, social y  economicamente. Destacou a importancia do papel das pemes nesta tarefa e o labor do PROGRAMA RESPONSABILÍZATE da Xunta de Galicia para apoiar o necesario cambio de paradigma nos modelos de negocio actuais.

Hoxe en día, o mercado caracterízase pola crecente presión ás empresas por parte de clientes, consumidores, investidores e lexisladores a cobrar un papel protagonista fronte aos retos globais. Durante este ENCONTRO RESPONSABILÍZATE, os relatorios dos participantes abordaron como as empresas poden asumir este novo rol, integralo na súa razón de ser, e convertelo nunha vantaxe competitiva capaz de xerar valor para toda a súa contorna.

O evento contou coa intervención de:

  • Dª Elena Rivo, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia
  • Dª Elena Mancha, Directora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción de Emplego e Igualdade da Xunta de Galicia
  • Dª Marta Novoa Iglesias, Alcaldesa de San Cibrao das Viñas
  • D. José Antonio Rodriguez Araujo, Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao
  • Dª Paula Conde, COO de Regalsa
  • Dª Natalia Valugo, CEO de Arte & Comunicaciones
  • D. Eliseo López, director de comunicación e relacións institucionais de Cupa Group
  • D. Daniel Domínguez, coordinador do programa Responsabilízate de Valora Consultores

O evento tamén contou con ampla presenza institucional: Dª Marisol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense; Dª Noelia Rodríguez, presidenta de AJE Ourense, entre outros.

Ao final do encontro, os asistentes tiveron a oportunidade de participar nun café networking para compartir ideas e impresións ao redor dos temas debatidos, favorecendo así a creación de sinerxías e o intercambio de información en torno ao progreso da sustentabilidade empresarial en Galicia.

Esta serie de encontros provinciais teñen lugar no marco de execución da cuarta edición do programa RESPONSABILÍZATE. Trátase dun programa de asesoramento totalmente gratuíto impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, destinado a apoiar ás pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.

 

Se queres que a túa empresa forme parte da cuarta edición do programa Responsabilízate, solicita praza antes de que se esgoten: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B