O vindeiro día 29 de febreiro, ás 11 horas, terá lugar o primeiro dos webinars sectoriais do Programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. Neste evento virtual, representantes de pequenas e grandes empresas farán un percorrido polas dimensións ASG (Ambientais, Sociais e de Bo Goberno) da sostibilidade empresarial do sector vitivinícola. O fincapé farase sobre os retos que enfrontan as empresas fronte á importancia cada vez maior de cumprir os criterios ASG dos mercados internacionais do viño.
O webinar contará coa participación de:
- D.ª Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade na Xunta de Galicia,
- D. Antonio Lombardía, presidente de ACRUAGA,
- D. Miguel Tubío, director técnico de Martín Codax,
- D.ª Elisa Rubí, socia e asesora de calidade de Terra de Asorei,
- D. Daniel Domínguez, xerente e coordinador do programa Responsabilízate de Valora Consultores.
A serie de webinars sectoriais ten lugar no marco de execución da cuarta edición de Responsabilízate, un programa de asesoramento totalmente gratuíto impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para apoiar ás pemes e microempresas galegas na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.
Podes formalizar a túa inscrición no webinar clicando na seguinte ligazón: https://short-link.me/AAj0
Se queres que a túa empresa forme parte da cuarta edición do programa Responsabilízate, solicita praza antes de que se esgoten: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B