Empresas Responsabilízate – Horta da Lousa e Taste Lab

Empresas Responsabilízate – Horta da Lousa e Taste Lab

Imprimir Email
(0 votos)

O programa Responsabilízate é unha iniciativa impulsada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, destinada a prestar asesoramento e acompañamento integral e gratuíto a pemes e microempresas na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles.

A cuarta edición do programa, cuxo procedemento de inscrición se atopa aberto a novas empresas participantes, xa conta cun gran número de organizacións pertencentes a todo tipo de sectores e actividades. Moitas chegan a Responsabilízate para partir de cero no desenvolvemento da súa estratexia de sostibilidade, pero outras xa contan cun longo camiño percorrido e moitas experiencias que compartir. A continuación, presentamos a dúas destas empresas.

 

HORTA DA LOUSA

En que consiste a vosa actividade?

Horta da Lousa é unha empresa familiar especializada en horticultura e viveirismo ecolóxico. As nosas instalacións de Cerceda combinan un viveiro de horta con certificación ecolóxica, un horto ecolóxico de produtos frescos, leiras de castiñeiros orientados a froito e unha gandería de Tenreira Galega Suprema.

Cales son as claves da vosa sostibilidade empresarial?

Gústanos abrazar a tradición, achegando o noso granito para a recuperación de especies autóctonas de Galicia, como o Tomate Negro de Santiago, o Repolo do País e a Cebola de Betanzos; tamén contribuímos a fomentar a biodiversidade, producindo variedades propias que pasaron por varias xeracións e que continuamos reproducindo e seleccionando cada ano.

Servímonos da última tecnoloxía para garantir que todo crece nas mellores condicións, e tamén innovamos constantemente para mellorar as resistencias naturais das plantas, as relacións entre distintas especies e a disposición de nutrientes orgánicos. Así, en ecolóxico, obtemos cultivos resilientes, producións xenerosas e, sobre todo, un sabor xenuíno ligado á terra.

Onde podemos atopar máis información sobre vós?

Na nosa páxina web: https://hortadalousa.com/

 

TASTE LAB

En que consiste a vosa actividade?

Axudamos ás empresas para levar a cabo unha análise sensorial dos seus produtos, avaliando as súas características en función do seu olor, gusto, textura, cor, etc. Isto permítenos recompilar datos para entender que é o que buscan os consumidores e perfilar produtos ao redor das súas preferencias. Para iso, empregamos o noso software de análise estatística especializada en análise sensorial: SENSEBIT.

SENSEBIT permite crear enquisas, xestionar as respostas, visualizar e analizar os resultados e obter un informe completo con todas as conclusións. Un sistema personalizable, a medida do cliente e intelixente, capaz de realizar análises estatísticas e xerar informes de forma automática.

Cales son as claves da vosa sustentabilidade empresarial?

A nosa actividade optimiza ao máximo os produtos que saen ao mercado para que sexan verdadeiramente útiles á sociedade. SENSEBIT emerxe como unha ferramenta crucial, xa que reduce o risco de fracaso dos novos produtos, facilitando a comprensión das preferencias do consumidor e a adaptación dos produtos aos gustos do mercado obxectivo. Ademais, é un aliado na execución de obxectivos de sustentabilidade: a súa aplicación tradúcese nun uso máis eficiente dos recursos, unha significativa redución do desperdicio de alimentos e un estímulo á innovación, contribuíndo a un aforro substancial de consumo enerxético.

Onde podemos atopar máis información sobre vós?

Na nosa páxina web: https://tastelab.es/

 

Ti tamén queres ser unha empresa Responsabilízate? Inscríbete ao programa antes de que se esgoten as prazas: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B