Empresas Responsabilízate – AN Sustainable Project e Gradhoc Smart

Empresas Responsabilízate – AN Sustainable Project e Gradhoc Smart

Imprimir Email
(0 votos)

 

O programa Responsabilízate é unha iniciativa impulsada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, orientada a prestar asesoramento e acompañamento integral e gratuíto a pemes e microempresas na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles.

A cuarta edición do programa, cuxo procedemento de inscrición se atopa aberto a novas empresas participantes, xa conta cun gran número de organizacións pertencentes a todo tipo de sectores e actividades. Moitas chegan a Responsabilízate para partir de cero no desenvolvemento da súa estratexia de sostibilidade, pero outras xa se atopan cun largo camiño percorrido e moitas experiencias que compartir. A continuación, presentamos a dúas destas empresas.

 

AN SUSTAINABLE PROJECT

En que consiste a vosa actividade?

Especializámonos en ecoturismo, turismo activo e formación ambiental, que desenvolvemos a través da xestión do Hotel Casa Savi e a través das actividades formativas e de aventura realizadas baixo o nome Worknature.

Hotel Casa Savi, situado en Perbes (A Coruña), conta con instalacións modernas e cómodas, acompañadas dun trato atento e próximo. Acaba de recibir o distintivo de “Casa Rural Starlight”, que o posiciona como axente activo na propagación da cultura astronómica.

Worknature ofrece un espazo para vivir novas sensacións e experiencias, adquirir coñecementos de supervivencia e observar a natureza realizando roteiros de sendeirismo nunha contorna privilexiada.

Cales son as claves da vosa sostibilidade empresarial?

Fomentamos o achegamento das persoas ao medio natural desde un espírito de ecoloxismo e conservación. Somos especialistas en dar visibilidade a todos os recursos culturais, patrimoniais, gastronómicos, turísticos, etnográficos e ambientais do destino.

Adherímonos a unha gran variedade de compromisos e participamos en numerosos colectivos: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, SICTED, Club Ecoturismo de España, Rede Estelar de Concellos do Camiño Inglés, Hotel Rexenerativo Competitivo de The Good Concierge, Carta Europea de Turismo Sostible Montaña Palentina, etc.

Onde podemos atopar máis información sobre vós?

Hotel Casa Savi: https://www.casasavi.com/

Worknature: https://worknature.es/

 

GRADHOC SMART

En que consiste a vosa actividade?

Gradhoc é unha empresa tecnolóxica con experiencia na xestión e optimización das instalacións frigoríficas e de climatización. Temos un equipo multidisciplinar de enxeñeiros, informáticos, físicos e matemáticos, sendo expertos en desenvolvemento, sistemas, investigación e implantación en cada cliente. Isto permite que nos podamos adaptar a calquera instalación e industria coas súas necesidades específicas, adaptacións e desenvolvementos ad hoc.

Gradhoc xurdiu no seo Cofrico, unha organización que se distingue polo seu gran espírito innovador e tecnolóxico, e que conta cun amplo percorrido no sector da refrixeración e da climatización industrial e comercial.

Cales son as claves da vosa sostibilidade empresarial?

O que Gradhoc achega é a mellora principal no aforro enerxético, descarbonización, seguridade alimentaria e mantemento preditivo para as industrias agroalimentarias e para as persoas. Ofrecemos unha plataforma que pode funcionar como un BMS (Building Management System) cun vertical de refrixeración, integrando os consumidores e produtores, lendo, optimizando e actuando sobre eles para obter unha mellora enerxética, redución de custos e mantementos e aumento da vida útil dos equipos. Desenvolvéronse un optimizador e uns algoritmos que xeran un xemelgo dixital das instalacións, mellorando a eficiencia das instalacións de clima e frío, tanto a nivel enerxético, como a nivel de funcionamento podendo anticiparnos ao erro.

Onde podemos atopar máis información sobre vós?

Na nosa páxina web: https://gradhoc.com/es/

 

Ti tamén queres ser unha empresa Responsabilízate? Inscríbete no programa antes de que se esgoten as prazas: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B