Entrega oficial do Selo Empresa Responsabilízate e apertura da cuarta edición do Programa Responsabilízate

Entrega oficial do Selo Empresa Responsabilízate e apertura da cuarta edición do Programa Responsabilízate

Imprimir Email
(0 votos)

O 1 de decembro realízase no Pazo Vista Alegre a entrega oficial do Selo de Empresa Responsabilízate ás 200 organizacións que completaron todas as fases da terceira edición do programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. As empresas que reciben este recoñecemento oficial distínguense como axentes creadores de valor compartido e sitúanse como as primeiras en avanzar cara a un novo concepto de peme e microempresa sustentable, responsable, comprometida cos valores ambientais, sociais e de boa gobernanza (ASG) e adiantada ás tendencias normativas.

Responsabilízate é un programa de asesoramento totalmente gratuíto impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, destinado a apoiar ás pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.

Tras o rotundo éxito da terceira edición, acaba de abrirse unha nova convocatoria. O próximo 12 de decembro celebrarase un evento de presentación desta cuarta edición no Hotel A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela. Da man de Asociación de Novos Empresarios de Galicia, empresas participantes en Responsabilízate compartirán a súa experiencia no programa e falarán das accións que están a emprender para responder á crecente demanda de sustentabilidade empresarial por parte de clientes, consumidores e investidores.

Durante este evento de apertura, contaremos tamén coa participación de:

  • Luciano Covelo, Presidente de AJE Galicia
  • Elena Rivo, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
  • Elena Mancha, Directora Xeral de Relacións Laborais
  • Daniel Domínguez, Xerente en Valora Consultores e Responsable da Coordinación do Programa Responsabilízate

Para asistir ao evento de apertura do programa, non esquezas apuntarte no formulario de inscrición: https://forms.office.com/e/R9VFc2H0A5

Se queres que a túa empresa forme parte da cuarta edición do programa Responsabilízate, solicita praza antes de que se esgoten: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B