Últimas prazas! Responsabilízate, o programa gratuíto da Xunta de Galicia de asesoramento en sustentabilidade empresarial

Últimas prazas! Responsabilízate, o programa gratuíto da Xunta de Galicia de asesoramento en sustentabilidade empresarial

Imprimir Email
(0 votos)

Responsabilízate é un programa de asesoramento gratuíto impulsado pola Xunta de Galicia para apoiar ás pemes e microempresas na súa necesaria transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias do programa reciben acompañamento integral por parte dun grupo de persoas expertas co fin de desenvolver iniciativas de Responsabilidade Social Empresarial adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.

Este programa busca equipar ao tecido empresarial galego con ferramentas para responder á crecente demanda de Responsabilidade Social Empresarial por parte de clientes e consumidores, así como á esixente regulación europea que está a aumentar a presión sobre as organizacións para que aliñen os seus modelos de negocio cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Co período de inscrición achegándose á súa data de peche, aínda é posible ser beneficiario do programa Responsabilízate. Tan só é preciso cubrir o formulario de inscrición a través da sede da Xunta antes do 28 de abril, cumprindo cos seguintes requisitos:

  • Ser PEME ou persoas traballadoras autónomas.
  • Ter radicado o domicilio social en Galicia ou contar con algún centro de traballo en Galicia.
  • Ter polo menos unha persoa traballadora por conta allea.
  • Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
  • Non ser entidade sen ánimo de lucro.

Inscrición a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B 

Máis información: https://rse.xunta.gal/index.php/es/recursos/programas/responsabilizate