Novos criterios para a competitividade empresarial: posicionamento e resposta ante as esixencias asg

Novos criterios para a competitividade empresarial: posicionamento e resposta ante as esixencias asg

Imprimir Email
(0 votos)

O próximo día 24 de outubro, as 10 horas, no salón de actos do centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela, dará comezo a xornada aberta na que se abordará o impacto na competitividade das empresas galegas das esixencias ASG (Ambientais, Sociais e de Bo Goberno) ás que teñen que dar resposta as empresas no contexto actual.

Esta xornada celébrase no marco do programa Responsabilízate, un programa de asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes na súa necesaria adaptación ás obrigacións da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Vai dirixido ao tecido empresarial galego a través das súas pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.

Participarán no acto Mª Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Senén Ferreiro, Socio Director de Valora, e representantes de grandes empresas e participantes no programa.

A xornada comezará con varias ponencias, para continuar con dúas mesas redondas: unha formada por pemes participantes no programa, e outra con representantes de grandes entidades do tecido empresarial galego.

A mesa redonda de empresas participantes no programa estará formada por Julia González, responsable de comunicación e sustentabilidade da empresa KRACK, Francisco Álvarez, cofundador de Coverwind Solutions, e Beatriz Fernández, responsable de calidade, medio ambiente e RSC de CivisGlobal. En canto ás grandes empresas, a mesa contará coa participación de Dora Casal, directora executiva de Roberto Verino e Tatiana Suárez, directora de personas e sustentabilidade en Grupo Aluman.

Podes formalizar a túa inscrición, clicando na seguinte ligazón: https://forms.office.com/r/Uy1rApJ9S0

A axenda da xornada é a seguinte:

  • BENVIDA INSTITUCIONAL:
    • D. JUAN MANUEL VIEITES, PRESIDENTE DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA
    • Dª. MARÍA JESÚS LORENZANA, CONSELLEIRA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
  • CRITERIOS ASG: A VISIÓN DA UNIÓN EUROPEA. SENÉN FERREIRO, SOCIO DIRECTOR DE VALORA
  • PAUSA – CAFÉ
  • MESA REDONDA CON EMPRESAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE. MODERA: DANIEL DOMÍNGUEZ, XERENTE EN VALORA E RESPONSABLE DA COORDINACIÓN DO PROGRAMA
    • Dª. JULIA GONZÁLEZ, RESPONSABLE DE COMUNICACIÓN E SUSTENTABILIDADE DE KRACK
    • Dª. BEATRIZ FERNÁNDEZ, RESPONSABLE DE CALIDADE, MEDIO AMBIENTE E RSC DE CIVISGLOBAL
    • D. FRANCISO ÁLVAREZ, COFUNDADOR DE COVERWIND SOLUTIONS
  • MESA REDONDA CON GRANDES EMPRESAS. MODERA: ELENA MANCHA, DIRECTORA XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS
    • Dª. DORA CASAL, DIRECTORA EXECUTIVA DE ROBERTO VERINO
    • Dª. TATIANA SUÁREZ, DIRECTORA DE PERSONAS E SUSTENTABILIDADE EN GRUPO ALUMAN
  • CLAUSURA DA XORNADA