A Xunta presenta o programa Responsabilízate a través dun seminario web

A Xunta presenta o programa Responsabilízate a través dun seminario web

Imprimir Email
(0 votos)

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha Montero, participa o próximo 28 de abril na xornada de presentación en liña do programa Responsabilízate, unha iniciativa da Xunta de Galicia que ofrece asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes para incorporar criterios sostibles na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, así como no desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial.

O seminario web, que terá lugar a través de Teams entre as 11 e as 12 horas, contará ademais cunha conferencia acerca da “competitividade na nova economía”, a cargo do socio director de Valora Consultores, Senén Ferreiro Páramo. A continuación, o responsable do proxecto por parte da empresa adxudicataria do servizo, Daniel Domínguez Paz, expoñerá os principais detalles desta nova edición do programa.

Os interesados en asistir ao webinario poden rexistrarse nesta ligazón.